Protopelicanus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 18:
| binomial = Protopelicanus cuvierii
| binomial_authority = Reichenbach, 1852
}}
 
'''''Protopelicanus cuvierii''''' é unha especie [[fósil]] de suposta ave acuática de afinidades incertas. Foi brevemente descrita e debuxada por [[Georges Cuvier]] en 1822 a partir de material do [[Eoceno]] tardío de [[Montmartre]], [[Francia]], aínda que non foi formalmente descrita e nomeada ata 1852 polo botánico e ornitólogo alemán [[Ludwig Reichenbach]] como un [[Pelecanidae]] temperán. O material orixinal constaba da parte cranial da [[escápula]] esquerda e un [[fémur]] esquerdo case completo. O fémur [[lectotipo]] foi considerado por [[Michel Brunet (paleontólogo)|Michel Brunet]] en 1970 como típico dun [[pelicano]]. Porén, [[Colin Harrison (ornitólogo)|Colin Harrison]] en 1979 considerou que pertencía a [[Sulidae]], e [[Storrs Olson]] en 1995 pensaba que podería ser un [[Pelagornithidae|pelagornítido]]. O fémur consérvase no [[Muséum national d'histoire naturelle]] de París (No.7978); a localización do fragmento escapular descoñécese.<ref name=jm/>