Lira (música): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Lira}}
[[Ficheiro:Lyre1913.jpg|miniatura|Muller a tocar a lira, fotografía de 1913.]]
A '''lira''' (do [[Lingua latina|latín]] «lyra», e este de o grego «λύρα») é un [[instrumento de corda]] punteada primitiva, usado polos antigos, semellante a unha arpa pequena en forma de U<ref>''Dicionario da Real Academia Galega'', A Coruña, RAG, 2012</ref> ou de [[ábaco]], cuxa orixe os [[Lingua grega|gregos]] atribuíron a [[Hermes]] ou á [[musa]] Polimnia. Foi o [[instrumento musical]] que tangueu [[Orfeo]] e o que acompaña a [[Apolo]] como símbolo do estado cidadán, da [[cultura]] e da [[Música|música.]] .
 
A lira é un [[instrumento musical]] que, como a [[arpa]], tocábase coas dúas mans.
 
Segundo a [[Biblia]], en mans de [[David]], o rei poeta e sabio, a lira (kinnor) como o salterio evocan a unión coa divindade e a [[Relixión|relixión.]]. O rei David tocaba a lira para tranquilizar a Saúl.
 
Os instrumentos descendentes da lira son a [[Cítola|cítara]], a [[arpa]], a [[guitarra]] e o [[laúde]], que continúan a tradición da lira até os nosos días como os instrumentos do poeta e o [[Trobador|trobador.]].
Dyehuty é o deus da sabedoría, a escritura, a música e da Lúa, na mitoloxía exipcia.
Estaba relacionado coa música como inventor da lira.
Liña 18:
* os ''montantes'' adoptados á caixa.
* o ''xugo'' colocado a través dun montante ao outro.
En Grecia, as tres cordas recibían os nomes do tres [[Musa|musas de Delfos]]; da grave á aguda: Nete, Mese e Hípate. As cordas pasaban sobre unha coiraza de [[tartaruga]], chamada en grego ''cheloné'' e ''chelys'', palabra que serviu tamén para designar certa especie de lira. O engadido da ''mogas'' facía a lira máis pesada ca a [[Cítola|cítara]] e por esta razón levábana pendurada ás costas por medio dunha correa ou tahalí e disto sacou [[Apuleio|Apuleyo]] o nome de ''apta balteo'', isto é, propia para ser pendurada ás costas. Filóstrato describindo a lira de [[Anfión]] di que a madeira empregada na construción da lira era [[buxo]] e o demais era de cornos de castrón montés. Os dous brazos da lira de Terpsícore que hai no Museo Napoleón están feitos de aneis. Esta lira representa unha daquelas que están formadas dunha coiraza de tartaruga e os brazos de hastas de [[godallo]]. A lira, que [[Aquiles]] ten na man na lámina 8ª do tomo 1.° das pinturas de [[Herculano]], é de cor encarnada, do que pode deducirse que pintaban a madeira das liras daquela cor que era a súa favorita. Por unha pasaxe dos fastos de [[Ovidio]] demóstrase que os citaristas tiñan o gusto de levar un ''Chlamys'' ou capa de cor encarnada.<ref name="MUS">''Diccionario enciclopédico de música'', Carlos José Melcior, 1859 </ref>
 
Os poetas entenderon por lira a máis fermosa e máis calma [[harmonía]] así é que fai un gran papel nos seus poemas e falan con entusiasmo do pracer que causa. Tiña a vantaxe de poderse cantar e acompañarse con ela e servíanse dela nos coros tráxicos.<ref name="MUS">''Diccionario enciclopédico de música'', Carlos José Melcior, 1859 </ref>
 
Á arte de tocar a lira chamábaselle ''citaristica'' ou ''lirística'', e ao acto de tocaría dábaselle os nomes de ''Lyrizein'', ''Kytarizein'' e ''Psallein'' e aos tocadores os ''liristas'' e ''citaristas.'' O que cantaba e acompañábase coa lira era coñecido co nome de Lyrodos ou de Citharaedus e os de ''Lyrodia'' e ''Citharaedia'' eran as verbas que designaban a acción de acompañarse deste xeito. Algunhas veces a lira e a [[frauta]] acompañábanse recíprocamente ao que Suídas dá o nome de ''Synaulia'' ou segundo o dialecto ático ''xynaulia'' con con cuxa palabra se entendía o recíproco acompañamento de dúas [[Frauta|frautasfrauta]]s.<ref name="MUS">''Diccionario enciclopédico de música'', Carlos José Melcior, 1859 </ref>
 
Longo sería o pór o catálogo dos músicos que foron sonados neste instrumento. A mitoloxía sinala como os máis famosos a Apolo, [[Mercurio (deus)|Mercurio]], Terpsícore, [[Orfeo]], Lino, [[Anfión]], Demódoco, etc. Todos os gregos aprendían a música e ao principio ou ao fin das comidas cantaban unhas cancións chamadas escolias e principalmente as de [[Canción de Harmodio e Aristoxitón|Harmodio e Aristoxitón.]] Pasaba a lira dun a outro e cada un cantaba á súa vez unha estrofa acompañándose con ela. Habendo nunha ocasión semellante pasado a lira a mans de Temístocles, que non sabía tocala, tívoselle por falto de educación. A palabra ''amousikos'' ou home que non sabe a música significaba un home sen gusto e sen educación ou como se di entre nós, un pailán ou paiolo.<ref name="MUS">''Diccionario enciclopédico de música'', Carlos José Melcior, 1859 </ref>
 
Na súa obra intitulada ''Lira Barberina'', Giovanni Battista Doni fixo unha escolma de diferentes figuras da lira. Deulle aquel título porque daba nela a explicación dunha que fixo fabricar para o cardeal Francesco Barberini segundo o sistema dos antigos tal como el concibíao. O editor desta obra, despois da morte de Doni, reuniu en dous grandes tomos todo canto escribira este sobre música.<ref name="MUS">''Diccionario enciclopédico de música'', Carlos José Melcior, 1859 </ref>
 
== Mitoloxía ==
Liña 32:
 
== Notas ==
{{Modelo:Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 46:
=== Ligazóns externas ===
* [http://homoecumenicus.com/ancient_instruments.htm Instrumentos da Antiga Grecia en HomoEcumenicus.com]
 
* Filóstrato o Vello: ''Cadros''; I, 10: ''[[Anfión]]'' (Ἀμφίων).
** [http://remacle.org/bloodwolf/erudits/philostrate/tableaux.htm#AMP Texto bilingüe] [[Lingua grega antiga|grego]] - [[Lingua francesa|francés]] no [http://remacle.org/ sitio] de Philippe Remacle (1944 - 2011).
 
* [[Eratóstenes]]: ''Catasterismos'' (Καταστερισμοί).
** 24: Lira (Λύρα; Lyra): a [[Lyra|lira]] de [[Orfeo|Orfeo.]].
*** [http://books.google.es/books?id=HXs-AAAAcAAJ&pg=PA52&hl=es&source=gbs_toc_r&cad=4#v=onepage&q&f=false Texto latino] en [[Google Books]]; [[Facsímile]] electrónico.
**** [http://archive.org/stream/gri_aratousoleos00arat#page/n187/mode/2up Texto grego] en [[Internet Archive|Internet Arquive]]; facsímile electrónico.