Construción de nicho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 80:
Esta categoría agrupa os recursos físicos e as diversas formas de enerxía e compón os recursos ecolóxicos.<ref name="a"/> Mesmo se os recursos abióticos foron modificados varias veces por varias xeracións de organismos, e a dirección das transformacións tomadas prestadas non se produciría nun planeta que estivese deshabitado, estes cambios están lonxe do [[equilibrio termodinámico]] inicial.<ref name="a"/>.
 
A acumulación de cunchas e de restos esqueléticos nos fondos mariños permite unha mellor fixación das larvas, o crecemento dos adultos, e a estabilización do substrato para as especies que prefiren ese tipo de fondo. Comparando a densidade de acumulación de restos calcarios entre diferentes períodos xeolóxicos, obsérvase un aumento importante da densidade, especialmente entre as épocas asociadas á transición do dominio dos [[brachiopoda|braquiópodos]] sobre os [[mollusca|moluscos]]. O mantemento do dominio dos moluscos nas comunidades bénticas modifica á vez o substrato marño e a composición das comunidades bénticas, o que persiste durante longo tempo.<ref> Erwin, D.H. (2008) [http://dx.doi.10.1016/j.tree.2008.01.013 ''Macroevolution of ecosystem engineering, niche construction and diversity'']. ''Trends in Ecology and Evolution'' 23(6) :304-310.</ref>
 
Os organismos que constrúen nichos teñen a capacidade de modificar os nichos xa existentes e de responder ao ambiente. Trátase entón de interaccións ecolóxicas como a [[predación]], a [[competición (bioloxía)|competición]] etc e actividades de reprodución.
Liña 129:
 
== Índices e impactos ==
Varios estudos de modelización ecolóxica e modelos matemáticos demostraron diferentes consecuencias da construción de nichos polos organismos.<ref name="a"/> <ref>A lista completa de referencias pode atoparse en: Odling-Smee, John F., Laland, Kevin N., Feldman, Marcus W., Palkovacs, Eric P., Erwin, Douglas H. (2013) [http://lalandlab.st-andrews.ac.uk/niche/OurPublications.html ''Niche construction theory: A practical guide for ecologists'']. ''Quarterly Review of Biology'' 88(1): 4–28, consultado o 25 de setembro de 2014.</ref>. Velaquí algunhas posibilidades dos efectos da construción de nicho.
* Fixar xenes ou fenotipos e manter o polimorfismo que, doutro modo, serían eliminados ou inestables.
* Modificar as taxas de evolución, á alta ou á baixa, segundo as respostas ás diferentes condicións.
Liña 140:
O concepto de construción de nicho non está integrado na [[teoría sintética da evolución]]. Os defensores da súa integración consideran que a construción de nicho, e a herdanza ecolóxica, son en si mesmos procesos evolutivos.
 
A teoría sintética da evolución na súa forma actual aparece como un principio unidireccional. Os defensores dunha nova teoría evolutiva ven como algo sen sentido que só a herdanza xenética, que determina a selección natural baseada nas presións do ambiente, defina a totalidade do desenvolvemento e da evolución dos organismos. Coa formación dunha nova teoría máis inclusiva, serían recoñecidos os impactos da construción de nicho sobre o desenvolvemento dos organismos. Deste modo, a "resposta" dos organismos ao ambiente, é dicir, a modificación do medio, permitiría plenamente á herdanza ecolóxica xogar un papel evolutivo.<ref>{{Cita publicación periódica|autor1 = Lehmann, L.|título = The Adaptive Dynamics of Niche Constructing Traits in Spatially Subdivided Populations: Evolving Posthumous Extended Phenotypes.|revista = Evolution|número = 62 (3)|ano = 2008|páxinas = 549-566}}</ref>. Porén, é importante ter presente que a herdanza ecolóxica só representaría un proceso evolutivo "recoñecido" se se mantén durante tempo dabondo como para modificar as presións de selección. Así, o desenvolvemento dun organismo sería guiado á vez pola xenética e pola regulación do ambiente pola construción de nicho e unha certa [[plasticidade fenotípica]]. A herdanza ecolóxica "transmitiríase" entón ás xeracións seguintes igual que a bagaxe xenética do individuo.<ref name="a"/> <ref name="d"/>
 
Aínda que a construción de nicho se pode observar na natureza, o seu estatuto non foi elevado ao rango de teoría científica aceptada xeneralizadamente, e o debate en canto á súa aceptación como proceso evolutivo pleno continúa e non parece que adquirise polo momento o seu lugar no seo da teoría sintética da evolución.<ref>{{en}} Nature, [http://www.nature.com/news/does-evolutionary-theory-need-a-rethink-1.16080 ''Does evolutionary theory need a rethink?''], consulté le 19 novembre 2014.</ref>