Giuseppe De Santis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 36:
|imdb = 211459
}}
'''Giuseppe De Santis''', nado en [[Fondi]] o [[11 de febreiro]] de [[1917]] e finado en [[Roma]] o [[16 de maio]] de [[1997]] foi un [[dirección de cine|director de cinema]] [[Italia|italianoitalia]]no. Un dos directores máis idealistas do [[neorrealismo italiano]] das décadas de 1940 e 1950, escribiu e dirixiu filmes que esixían a reforma social. Era irmán do director de fotografía [[Pasqualino De Santis]].
 
== Traxectoria ==
Nado no [[Lacio]], foi membro do Partido Comunista Italiano e loitou coa resistencia antialemá durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. Estudou filosofía e literatura antes de entrar no Centro Sperimentali di Cinematografia de Roma. Mentres traballaba como xornalista para a revista ''Cinema'' converteuse, baixo a influencia de [[Cesare Zavattini]], nunha das principais figuras do [[neorrealismo italiano]], que intentaban facer filmes que reflectían a realidade simple e tráxica da vida proletaria, usando actores non profesionais e localizacións reais. En 1942 colaborou no guión de ''[[Ossessione]]'', de [[Luchino Visconti]].
 
Continuaba a traballar na revista mentres incrementaba as súas tarefas como guionista e axudante de director ata o seu debut como director en 1947 con ''[[Caccia Tragica]]''. Igual que os seus dous seguintes filmes era unha chamada para mellorar as condicións da clase obreira italiana e os traballadores agrícolas. Falábase tamén de corrupción, mercado negro, colaboracionismo cos alemáns e o trato dos ex soldados.
 
O seu terceiro filme, ''[[Arroz amargo]]'' (1950), historia dunha moza que traballa nos campos de arroz e debe escoller entre dous homes socialmente diferentes, converteu a [[Silvana Mangano]] nunha estrela. Valeulle ademais unha candidatura ao [[Oscar ó mellor guión orixinal|Oscar ao mellor argumento orixinal]].
 
A principios da década de 1950 o movemento neorrealista estaba decaendo no favor dos críticos e do público. Os novos cineastas comezaban a usar historias dramáticas que se centraban nas relacións persoais e de Santis tamén cambiou o seu estilo. En 1952 filmou ''[[Roma ore 11]]'', primeira versión dun accidente real que [[Augusto Genina]] volveu rodar o ano seguinte.
 
En 1959 gañou o [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] con ''[[La strada lunga un anno]]'', filme producido en [[Iugoslavia]] que tamén foi candidata ao [[Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa|Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa]].<ref name="Oscars1959">{{Cita web|url=http://www.oscars.org/awards/academyawards/legacy/ceremony/31st-winners.html |título=The 31st Academy Awards (1959) Nominees and Winners |dataacceso=27 de outubro de 2011|obra=oscars.org}}</ref> Foi membro do xurado do [[Festival Internacional de Cinema de Moscú]] en 1979<ref name="Moscow1979">{{cita web |url=http://www.moscowfilmfestival.ru/miff34/eng/archives/?year=1979 |título=11th Moscow International Film Festival (1979) |dataacceso=14 de xaneiro de 2013|obra=MIFF}}</ref> e en 1985<ref name="Moscow1985">{{cita web |url=http://www.moscowfilmfestival.ru/miff34/eng/archives/?year=1985 |título=14th Moscow International Film Festival (1985) |dataacceso=8 de febreiro de 2013|obra=MIFF}}</ref>
Liña 73:
* {{IMDb|211459}}
 
{{ORDENAR:Santis, Giuseppe}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Santis, Giuseppe}}
[[Categoría:Directores de cine de Italia]]
[[Categoría:Nados no Lacio]]