Diferenzas entre revisións de «Lucía dos Santos»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
 
'''Lucía dos Santos''', coñecida como '''Sor Lucía''', nada en [[Aljustrel]] o [[28 de marzo]] de [[1907]] e falecida en [[Coimbra]] o [[13 de febreiro]] de [[2005]], foi unha relixiosa [[Igrexa Católica|católica]].
 
 
Sor Lucía, de nome relixioso Irmã Lúcia do Coração Imaculado, naceu nunha pequena poboación preto de [[Fátima]]. Foi unha das tres videntes (xunto cos seus curmáns [[Francisco Marto|Francisco]] e [[Jacinta Marto]]) dos sucesos de Fátima do 13 de maio de 1917. Dixeron ver á [[Virxe María]] na chamada [[Cova da Iria]], onde hoxe se ergue o importante santuario mariano. Morreu en [[Coimbra]] e recibiu sepultura no camposanto do Convento Carmelita de Santa Teresa de Coimbra, onde pasara enclaustrada os seus últimos 46 anos, se ben o 19 de febreiro de 2006, seguindo a súa vontade, os seus restos foron trasladados á igrexa do complexo mariano de Fátima, para descansar alí xunto ós dos seus curmáns.
[[Ficheiro:Pontevedra, Santuario de las apariciones.JPG|dereita|miniatura|200px|Convento das Irmás Doroteas en [[Pontevedra]], onde residiu Sor Lucía.]]
 
En 1921, con 14 anos, ingresou no colexio das Irmás Doroteas en [[Vilar]], preto de [[Porto, Portugal|Porto]]. En 1925 e [[1926]] residía na residencia das Doroteas de [[Pontevedra]], onde tiveron lugar as [[aparicións de Pontevedra]], na [[Capela da Aparición de Pontevedra|Capela da Aparición]] situada na rúa de nome ''Sor Lucía''. En [[1928]] ingresou no convento das Doroteas de [[Tui]]. En 1946 volveu a Portugal e en 1948 decidiu ingresar no Convento Carmelita de Santa Teresa de Coimbra en réxime de clausura. Adoptou os votos temporais o 3 de outubro de 1928, en 1934 os perpetuos, e o 31 de maio de 1949 os solemnes.
 
Morreu no Convento de Coímbra en 2005, con 98 anos, sendo moi contadas as súas saídas ó exterior. Durante a súa estancia no convento afirmou ver aparicións da Virxe e mesmo de Xesús, onde recibiu a Promesa dos Primeiros Sábados, a Visión da Trindade, e a petición da consagración de Rusia.
Unha das contadas veces en que saíu do convento foi para entrevistarse co Papa [[Xoán Paulo II]] e comunicarlle o terceiro misterio, que consistía no xa pasado atentado contra esta personalidade relixiosa.
 
Sor Lucía escribiu dúas obras: ''Memórias'' e os ''Apelos da Mensagem de Fátima''.
 
== Véxase tamén ==
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Santos,Lucia}}
 
{{ORDENAR:Santos,Lucia}}
[[Categoría:Monxes católicos]]
[[Categoría:Nados en 1907]]
387.713

edicións