Mohamed Zahir de Afganistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 13:
 
== Exilio e retorno ==
O [[17 de xullo]] de [[1973]], cando Mohamed Zahir estaba en [[Italia]] operándose da vista e tratándose do [[lumbago]], o seu curmán e antigo [[primeiro ministro]] o ghan [[Mohamed Daud]] deu un [[golpe de estado]] e estableceu un goberno republicano. Mohamed Zahir abdicou e deixouse quedar no exilio italiano, vivindo nunha gran casa en [[Olgiata]], ao norte de [[Roma]]. Prohibíuselle volver ao seu país durante o réxime comunista dos anos setenta, e tampouco volveu durante o réxime dos [[talibán]]s.
 
En [[1991]] un home, facéndose pasar por xornalista portugués, tentou asasinalo a coiteladas, sen conseguilo, e en [[2002]] volveu a [[Cabul]] co inicio da democratización. Abriu a [[Loia Irga]], o sistema de consultas entre os principais líderes afgáns para a constitución dun novo réxime, e esperaba a posibilidade de ser designado presidente (que non rei), cargo que ao final non recibiu. A constitución afgá aprobada durante a ocupación estadounidense nomeábao, iso si, "pai da patria", en recompensa polo seu papel na historia do país e como símbolo de unidade nacional.
 
Se ben el non estivo no goberno, o novo presidente de Afganistán, [[Hamid Carsai]], pertence ao seu clan, e moitos dos seus parentes e seareiros formaron parte do executivo de transición. Regresou a vivir no antigo palacio real, pero a Loia Irga rexeitou devolverlle o trono. O [[7 de decembro]] de [[2004]] participou na cerimonia de investidura de Carsai como presidente de Afganistán.
Liña 32:
* 8. O príncipe [[Mir Wais]] (1957 - )
 
Malia ser o cuarto na liña de sucesión, o príncipe Mir Wais foi designado príncipe herdeiro, viviu a carón de seu pai e traballou como o seu asistente e conselleiro. Sería o hipotético novo rei de Afganistán en caso de producirse unha reinstauración monárquica.
 
{{Start box}}