Charles-Augustin de Coulomb: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 24:
}}
 
'''Charles-Augustin de Coulomb''', nado na [[Angoulême]] o [[14 de xuño]] de [[1736]], finado en [[París]] o [[23 de agosto]] de [[1806]], foi un [[físico]] e [[enxeñeiro militar]] francés. É recoñecido por ter descrito de xeito matemático a lei de atracción entre cargas eléctricas. Na súa honra a unidade de [[carga eléctrica]] leva o nome de coulomb (C).
 
Entre outras teorías e estudos débeselle tamén a teoría da [[torsión|torsión recta]] e unha análise do fallo do terreo dentro da [[mecánica de solos]].
Liña 31:
 
== Traxectoria ==
Foi educado na École du Génie en Mézieres e graduouse en 1761 como enxeñeiro militar co grao de Primeiro Tenente. Coulomb serviu nas Indias Occidentais durante nove anos, onde supervisou a construción de fortificacións na Martinica. En 1774, Coulomb converteuse nun correspondente da Academia de Ciencias de París. Compartiu o primeiro premio da Academia polo seu artigo sobre os compases magnéticos e recibiu tamén o primeiro premio polo seu traballo clásico acerca da fricción, un estudo que non foi superado durante 150 anos.
 
Durante os seguintes 25 anos, presentou 25 artigos na Academia sobre electricidade, magnetismo, torsión e aplicacións da balanza de torsión, así como varios centos de informes sobre enxeñería e proxectos civís. Coulomb aproveitou plenamente os diferentes postos que tivo durante a súa vida. Por exemplo, a súa experiencia como enxeñeiro levouno a investigar a resistencia de materiais e a determinar as forzas que afectan a obxectos sobre vigas, contribuíndo dese xeito ao eido da mecánica estrutural. Outro aporte de Coulomb é a chamada Teoría de Coulomb para presión de terras, publicada en 1776, a cal enfoca o problema de empuxes de terras sobre [[Muro (construción)|muros]] considerando as cuñas de falla, nas que actúa o muro, ademais de ter en conta o ángulo de inclinación do muro e do solo sobre o muro de contención. Tamén fixo contribucións no campo da [[ergonomía]].
 
Coulomb morreu en 1806, cinco anos despois de converterse en presidente do Instituto de Francia (antigamente a Academia de Ciencias de París). A súa investigación sobre a electricidade e o magnetismo permitiu que esta área da física saíra da filosofía natural tradicional e se convertera nunha ciencia exacta.
Liña 50:
{{Commons|Charles de Coulomb}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR: Coulomb, Charles-Augustin}}
 
{{ORDENAR: Coulomb, Charles-Augustin}}
[[Categoría:Físicos de Francia]]
[[Categoría:Nados en 1736]]