Johann Rudolf Glauber: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 24:
}}
 
Glauber prepárase desde moi temperá idade no que será no futuro o seu oficio como [[boticario]] e construtor de [[espello]]s. Viviu e traballou sucesivamente, durante os primeiros anos da súa carreira, en varias cidades de [[Europa]]: [[Viena]] ([[1625]]), [[Salzburgo]], [[Gießen]], [[Wertheim]] ([[1649]] - [[1651]]), [[Kitzingen]] ([[1651]], [[Basilea]], [[París]], [[Frankfurt]], [[Colonia, Alemaña|Colonia]] e, finalmente, en [[Amsterdam]], nos períodos de tempo que abarcan dese [[1640]] até [[1644]], e [[1646]] a [[1649]], fixando a súa residencia alí a partir de [[1646]].
 
En [[1644]] Glauber faise co cargo de director da botica real de Gießen. Sepárase da súa primeira muller, alegando infidelidade, e casa no ano [[1641]] con Helena Cornelius, coa que tivo oito fillos. En [[1656]] afíncase definitivamente na cidade de Amsterdam exercendo alí de boticario.
 
O ano [[1660]] cae seriamente enfermo, seguramente pola continua exposición a metais pesados relacionados co seu traballo, como o [[Mercurio (elemento)|mercurio]], que utilizaba para os espellos e o [[arsénico]] e o [[antimonio]], que usaba en medicinas. Non chega a recuperarse da súa doenza, que deixa a súa saúde moi débil para traballar e, desde [[1666]], permanece en cama. Cada vez peor, non pode manter nin sequera a farmacia e, por iso, no ano [[1668]] vende o laboratorio e parte da súa biblioteca para poder manter á familia.
 
O [[16 de marzo]] de [[1670]] falece en Amsterdam. No [[Westerkerk]] desta cidade, último lugar onde residiu, existe na actualidade un monumento que describe a súa vida e obras.
 
== Obra ==
Glauber foi un dos precursores da [[química]] contemporánea. Os seus traballos e os seus experimentos permitíronlle descubrir varios métodos [[química analítica|analíticos]]. Centrouse desde os seus inicios nos [[Sal ácido|sales ácidos]] e mellorou a elaboración e a concentración do [[ácido nítrico]]; da mesma forma logrou unhas concentracións máis puras de [[ácido sulfúrico]] (''Oleum''), e foi o primeiro científico moderno en fabricar [[ácido clorhídrico]].
 
Entre outros compostos químicos, Glauber descubriu o permanganato sódico e o [[sulfato de sodio]] [[1655]]), este último bautizado co seu nome, en principio como [[sal de Glauber]], e actualmente coñecido como [[glauberita]].
Liña 39:
Foi capaz de realizar unha receita para obter [[cloruro sódico]] altamente refinado. Tamén desenvolveu receitas para preparar [[azul ultramarino]] e [[sulfito de sodio]]. Fixo posíbel a deshidratación do sulfato de sodio, así como o desenvolvemento de diferentes cloruros metálicos como, por exemplo, [[tricloruro de antimonio]], [[tetracloruro de zinc]], [[cloruro de zinc]] e [[tricloruro de arsénico]]).
 
Glauber tivo unha grande actividade na produción de libros relativos á [[química]] dos sales (publicou cerca de 40 obras sobre este tema) así como na descrición de receitas de produtos químicos e farmacéuticos, chegando a alcanzar unha gran reputación neste campo.
 
Desenvolveu melloras en importantes procesos de destilación. Pode dicirse que Glauber foi o primeiro ''químico industrial'', sendo desde logo o primeiro químico coñecido na historia que puido vivir co simple froito dos seus coñecementos de química.
Liña 60:
=== Bibliografía ===
* Herman Skolnik, Herman (1982): "Some historians of science consider Glauber as one of the first chemical engineers as he developed processes for the manufacture of sulfuric,nitric, acetic, and hydrochloric acids", in W. F. Furter (ed): ''A Century of Chemical Engineering''. ISBN 0-306-40895-3, páx. 230
* Young, John T. (1998): ''Faith, Medical Alchemy and Natural Philosophy: Johann Moriaen, Reformed Intelligencer, and the Hartlib Circle''. (Aldershot: Ashgate) Capítulo 6: Universal Medicines: Johann Rudolph Glauber and his Reception in England [http://www.newtonproject.sussex.ac.uk/texts/viewtext.php?id=OTHE00063&mode=normalized The Newton Projet] {{en}}
 
=== Ligazóns externas ===
Liña 67:
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR: Glauber, Johann Rudolf}}
 
{{ORDENAR: Glauber, Johann Rudolf}}
[[Categoría:Farmacéuticos]]
[[Categoría:Químicos de Alemaña]]