Despotismo hidráulico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ancient_Egypt.png|dereita|miniatura|275px|Mapa do [[Antigo Exipto]], arredor do [[río Nilo]].]]
 
O '''despotismo hidráulico''' é un termo para un [[despotismo]] mantido a través do control dun recurso único e necesario. Foi creado polo teórico [[Alemaña|alemán]] [[Karl A. Wittfogel]] na súa obra ''Despotismo oriental'' en [[1957]]. Na súa forma orixinal, controlaba literalmente a [[auga]]. No [[Antigo Exipto|antigo Exipto]] e na [[Babilonia]], e por extensión Wittfogel agregaba a [[Unión Soviética]] e a [[República Popular Chinesa]], o [[goberno]] controlaba as canles de irrigación. As persoas leais recibían unha abondosa cantidade de auga prapara os seus [[agricultura|cultivos]], mentres que os ''menos leais'' recibían moi pouca ou ningunha e, polo tanto, os seus cultivos estragábanse.
 
Se o uso deste termo pode ser usado prapara un (case) [[monopolio]], en forma algo máis esotérica, por exemplo na [[tecnoloxía]], é discutido.
 
== Modo de produción asiático ==
O concepto de '''despotismo oriental''' xa fora exposto por [[Karl Marx]] no seu caderno ''Formacións económicas precapitalistas'' (1858), "resultado de 15 anos de investigacións", no cal establece as formas históricas diversas mediante as cales, a propiedade comunal orixinal humana, na cal non hai propiedade privada da terra, pasou ata a propiedade privada do chan e finalmente ata a separación entre o produtor e a terra, distinguindo da forma ''antiga'' romana e da ''xermánica'', unha ''forma asiática'' orixinal.
 
Para Marx a comunidade mesma representa a primeira gran forza produtiva. As condicións obxectivas impuxeron a unidade das comunidades prapara empresas comúns como as canalizacións de auga, as vías de comunicación e intercambio ou a guerra prapara asegurar un territorio prapara a subsistencia. Esta unidade na medida na que se perpetuou fíxose indispensable, apareceu distinta e por riba das moitas comunidades, converténdose como tal no verdadeiro propietario de todo. A unidade suprema rematou encarnada no ''déspota'' ([[Faraón]], [[Emperador]], [[Tsar]], [[Inca]], [[Rei]]), gran pai de numerosas comunidades, ao que se liga dunha ou outro xeito á [[divindade]]. Entón a unidade suprema sistematiza a apropiación do pluspruduto, que toma a forma de tributo ou de traballos colectivos para o déspota e a elite.
 
Este sistema chegou á súa "perfección" e expansión instaurado por ''centros soberanos'' tras sucesivas guerras e conquistas, tanto en Asia, como no [[antigo Exipto]], [[México]] ou o [[Perú]]. John V. Murra (1955) estudou ''a organización económica do estado Inca'', como un caso desenvolvido e eficiente de despotismo comunal, anotando non soamente a relación coas formas asiáticas, senón coas economías e estruturas de poder africanas [[ashanti]], [[ruanda]], [[dahomey]] ou [[yoruba]] e aínda coas [[hawai]]anas. Destaca por exemplo o descubrimento do parecido entre a ''dopkwe'' dahomeiana e a ''mita'' incaica (aproveitada logo polos conquistadores españois).
 
[[Maurice Godelier]] (1966), Jean Chesneaux (1969) e [[Roger Bartra]], encargáronse de sistematizar os estudos de caso e a teoría respecto diso, dentro do concepto de [[modo de produción asiático]], que prapara universalizar algúns chamaron ''despotismo comunal''. Hermes Tovar (1974) a partir do estudo da sociedade [[pobo muisca|muisca]] desenvolveu prapara determinadas formacións sociais [[amerindio|indíxenas americanas]] o concepto de ''modo de produción precolombino''.
 
Sistematizadamente, este sistema económico, contemporáneo do [[escravitude|escravismo]] europeo, consistía en que un pobo tiña que entregar un pago ou tributo ao seu soberano ou a un pobo conquistador, tributo que era comunmente bens agrícolas, e nalgúns casos menos comúns, materiais de construción.