Estado de agregación da materia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Commonscat
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Os tres estados: Amplío de es.wiki
Liña 3:
Os '''estados da materia''' son as diferentes fases polas que a [[materia]] pasa segundo as condicións do medio no que se atope. Esta distinción faise baseándose nas diferentes propiedades que adopta. Deste xeito, existen tres estados principais: sólido, líquido e gasoso. Non obstante, máis recentemente fíxose unha clasificación máis detallada onde entraba tamén o estado [[Plasma (estado da materia)|plasmático]], un gas altamente [[ion]]izado que existe a altas temperaturas; as forzas intermoleculares creadas polas atraccións e repulsións iónicas confírenlle unha composición con propiedades diferenciadas, razón pola cal o plasma se considera o cuarto estado da materia.
 
== Os trescatro estados ==
Todos os estados de agregación posúen propiedades e características diferentes; os máis coñecidos e observables de xeito cotián son catro, chamados fases [[sólido|sólida]], [[líquido|líquida]], [[gas]]osa e [[plasma (estado da materia)|plasmática]].
=== Sólido ===
{{Artigo principal|Sólido}}
Liña 15 ⟶ 16:
{{Artigo principal|Gas}}
Ao falarmos de gases, cómpre salientar que estes teñen [[enerxía cinética]], o que fai que o efecto das forzas intermoleculares sexa pequeno (ou mesmo cero para un [[gas ideal]]), dado que as moléculas están lonxe unhas das outras. Os gases non posúen nin forma nin volume fixo, amoldándose e ocupando todo o espazo do que dispoñen segundo o contedor no que estean confinados. Un líquido pasa a gas ao se quentar a presión constante ata o seu punto de ebulición, ou ben mediante a redución da presión a temperatura constante.
 
=== Plasma ===
{{Artigo principal|Plasma (estado da materia)|l1=Plasma}}
O plasma é un gas ionizado, é dicir, que os átomos que o compoñen se separaron dalgúns dos seus electróns. Deste xeito, o plasma é un estado semellante ao gas, mais composto por [[anión]]s e [[catión]]s ([[ion]]s con carga negativa e positiva, respectivamente), separados entre si e libres, e que por iso é un excelente condutor. Un exemplo moi claro é o [[Sol]].
 
Na [[atmosfera]] terrestre baixa, calquera átomo que perde un [[electrón]] (cando o alcanza unha partícula cósmica rápida) dise que está ionizado, mais a temperaturas altas é moi diferente. Canto máis quente está o gas, as súas [[molécula]]s e [[átomo]]s móvense máis rápido ([[lei dos gases ideais]]) e a temperaturas moi altas as colisións entre estes átomos son suficientemente violentas para liberar os electróns. Na atmosfera solar, unha gran parte dos átomos están ionizados permanentemente por estas colisións e o gas compórtase coma un plasma.
 
A diferenza dos gases fríos (por exemplo, o aire a temperatura ambiente), os plasmas conducen a [[electricidade]] e están fortemente influídos polos [[campo magnético|campos magnéticos]]. A [[lámpada fluorescente]], contén plasma (o seu compoñente principal é o vapor de mercurio) que quenta e axita a electricidade, mediante a liña de forza á que está conectada.
 
== Véxase tamén ==