Lañas, A Baña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
historia, igrexa, muiños, festas
m castro de vilar da torre
Liña 14:
 
== Historia ==
Os vestixios arqueolóxicos que se conservan son moitos. Por exemplo os petroglifos da Pena Furada é unha gravura localizada no interior dun abrigo natural. Presenta un motivo de carácter esquemático, posiblemente medieval. Ademais conservanse varias mámoas. A cultura castrexa tamén tivo a súa pegada nesta zona, están os castros de Meimendre, Vilar da Torre e [http://patrimoniogalego.net/index.php/36518/2013/02/castro-de-lanas/ O Castro]. A dedicación das terras a labores agrícolas deixáronos nun pésimo estado, podendo dicir que é un asentamento aniquilado e completamente desaparecido. No entorno do castro de Castro atopáronse dúas placas e unha estela funerarias romanas. As excavación en O Castro foron obra de D. Manuel Fernández, catedrático de Xeografía, e retirou de O Castro lápidas con inscripcións e collares, expostos no [[Museo do Pobo Galego]].
 
Sobre o [http://patrimoniogalego.net/index.php/31268/2013/01/castro-de-vilar-da-torre/ castro de Vilar da Torre] pódese dicir que está integrado no seu núcleo construído. Aproveita unha pequena elevación no terreo, pero que é case inapreciable pola banda oeste. Ten algunha edificación na súa croa e somentes se fan evidentes os grandes muros da cara nordeste.
 
A tradición oral tamén recolle que por esta aldea do Castro había unha vía ou calzada de orixe romana, aínda que non está confirmado.