Historia da igrexa, muiños e festas
Xas (conversa | contribucións) m (actualizo poboación) |
(Historia da igrexa, muiños e festas) |
||
}}
'''San Miguel de Cabanas''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello da [[A Baña|Baña]] na [[comarca da Barcala]]. Segundo o [[IGE]] en [[2014]] tiña 181 habitantes (102 mulleres e 79 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 274 habitantes.
Cabanas é o lugar de nacemento do escritor [[Manuel Iglesias Turnes]]. Os seus libros [[As rapazas de Xan]]<nowiki/>e [[Que non te aten]] teñen esta parroquia como epicentro das súas historias., aínda que no primeiro libro lle chame Cabanelas.
== Historia ==
=== Igrexa parroquial ===
A parroquia de San Miguel aparece como parroquia matriz co anexo de O Barro dende finais do século XIX. Orixinalmente a igrexa albergaba mostras de arte maior con imaxes da Nosa Señora, San Bartolomé, San Roque, San Miguel, San Pedro e San Pablo, pero coas obras de construcción dun novo templo realizadas no 1943 provocaron a desaparición destas imaxes e doutros elementos que non encaixaban nas dimensións do novo templo. A igrexa actual foi inaugurada no 1950, engadíndolle a torre algún tempo despois. Paralelamente construíse a casa reitoral e o centro sociocultural da parroquia.
== Arquitectura popular ==
=== Muiños ===
Están todos no arroio de Cabanas, moían dous meses no ano por falta de auga.
Estes tres son de canle:
* o de Paco, que é de Mateo de Pazo e consortes.
* o de Lage, de Juán de Insua e consortes.
* o dos Barreiros, de Antonio Turnes e consortes.
Este é de cubo.
* o do Cubo, de Felipe Díaz e consortes.
== Festas ==
* Sábado entre o 16 e o 22 de xullo: Santa Isabel.
* Domingo entre o 16 e o 22 de xullo: O Carme.
* Última fin de semana de setembro: San Miguel.
* 2ª fin de semana de outubro: O Rosario.
==Lugares e parroquias==
|