Estudio de gravación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
corrixo lingua
Liña 12:
 
== Historia ==
Dende a década de 1890 aos años 30, na era das gravacións acústicas (antes da introdución de [[Micrófono|micrófonos]], da gravación electricaeléctrica e a amplificación) os estudios de gravación eran instalacións moi básicas. As gravacións eran feitas por un proceso de corte do xiradiscos, agrupando os músicos fronte un corno acústico, a enerxía acústica pasa polo diafragma do corno ata un torno mecánico de corte, inscribindo o sinal nun suco modulado directamente sobre o disco. Trala aparición do micrófono, do amplificador e mais do altofalante a [[industria]] da gravación acústica pasou gradualmente a ser gravación eléctrica.
 
De década de [[1940]] ós anos 70, os estudios eran deseñados para a gravación en vivo de [[Orquestra|orquestras]] sinfónicas e outros conxuntos musicais grandes conforme ás tendencias da época. Os enxeñeiros descatáronse de que os espazos grandes e reverberantes creaban unha firma acústica característica. Debido ás limitacións tecnolóxicas na gravación, os estudios dos anos 50 foron diseñados segundo o concepto de agrupar músicos e cantantes, en vez de separalos, e de colocar os micrófonos de forma estratéxica para capturar a interacción acústica e harmónica perfecta. Debido a súa acústica, moitos estudios eran igrexas adaptadas.{{Cómpre referencia}}
Liña 42:
 
=== Análise de parámetros ===
* Reverberación: O tempo de reverberación (RT) é o tempo que transcorre (en segundos) dende que o foco emisor se detén até o momento en que o nivel de presión sonora (SPL) cae 60 dB con respecto ao seu valor inicial. Para controlar o tempo de reverberación aumentamos a absorción, ademais, baséase na seguinte formulafórmula para determinar o devandito tempo: RT=0,161 V/ A Onde: V= volume total do recinto (en m3) A= absorción total do
recinto.