Serra de Somosierra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Nova páxina: "250px|thumb|Somosierra dende a [[provincia de Segovia.]] '''Somosierra''' é a serra situada á beira esquerda do recentemente nado río Durató..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de maio de 2016 ás 20:05

Somosierra é a serra situada á beira esquerda do recentemente nado río Duratón, oeste do porto de Somosierra, e que engloba a parte máis oriental da serra de Guadarrama, lindando ao leste coa serra de Ayllón, todo iso no sistema Central. Somosierra está situada no centro de España, entre o extremo norte da Comunidade de Madrid e o leste da provincia de Segovia. Peña Cebollera é a montaña máis alta desta zona montañosa, cunha altitude de 2129 metros. Nela nace o río Duratón.

Somosierra dende a provincia de Segovia.

En 1808 produciuse na zona a batalla de Somosierra, na que as tropas de Napoleón, tras derrotar ás tropas españolas que gornecían o porto, abriron o camiño cara a Madrid.