Espasante, Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Xoán
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 14:
 
== Xeografía ==
Espasante localízase no norte do concello de Ortigueira, entre o mar e o somonte da [[Serra da Faladoira]]. Os límites pola costa van dende o regato que baixa do Monte Sardiñeiras no extremo sur da [[praia da Concha, Ortigueira|praia da Concha]] até a Pena dos Paraños no final da [[praia de Santo Antón]], polo suroeste linda coa parroquia de [[Ladrido, Ortigueira|Ladrido]], polo leste coa parroquia de [[Céltigos, Ortigueira|Céltigos]], e polo sur coa parroquia de [[San Salvador de Couzadoiro, Ortigueira|San Salvador de Couzadoiro]].
 
O [[río Dola]] que atravesa a parroquia até desembocar na [[praia da Concha, Ortigueira|praia da Concha]] recolle as augas que baixan dos montes da Calvela, de Penaquente, o monte máis alto da parroquia, de Liñares e de Xedriz. Na parroquia hai outro pequeno areal, coñecido como praia de Santa Cristina ou dos Namorados, separado da Concha por un pequeno peirao e un dique de abrigo de recente construción, que configura un fondeadoiro para refuxio de pequenas embarcacións.
 
=== Poboamento ===