Notocorda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
*contración -> contracción
Liña 22:
[[Ficheiro:Gray898.png|thumb|300px|Sección da cabeza dun embrión humano, duns doce días de idade, na rexión do cerebro posterior.]]
* '''Clase [[urocordados]]''': a notocorda deriva de 40 células e non presenta cuberta conxuntiva nin segmentación. Os xenes ''Brachyuruy'' e ''Not'' controlan a súa diferenciación. Neste grupo, a notocorda só está presente na cola do individuo durante o seu [[larva|estadio larvario]]; posteriormente os animais fíxanse ao substrato e perden a cola.
* '''Clase [[cefalocordaos]]''': a notocorda está formada por uns discos dispostos en segmentos (20-40 discos por segmento). A súa formación está determinada polo xene ''Hox Sonic Hedgehog''. A musculatura asociada á notocorda emite prolongacións que van cara ao sistema nervioso; se se produce a contracióncontracción da musculatura por estimulación eléctrica, esta provoca cambios de rixidez na notocorda.
* '''Clase [[vertebrados]]''': a notocroda tende a desaparecer, aínda que nalgúns grupos (coma as [[lamprea]]s) aínda está presente e é funcional. Nestes grupos adoita encontrarse moi reducida, e obsérvase unha predominancia de líquido por riba das células, feito que lle dá máis elasticidade á notocorda.
 
== Funcións ==
A corda dorsal, entre otrasoutras funcións, induce a formación do tubo neural por medio duns xenes, ''pax3'' e ''openbrain'', e colabora, nos vertebrados, na formación da [[columna vertebral|columna]]. Unha vez que o organismo é adulto, o único que queda dela é o ''núcleo pulposo'' dos [[vértebra|discos vertebrais]], que se encontran entre vértebra e vértebra da columna, amortecendo e dotando de máis mobilidade ás [[Articulación (anatomía)|articulacións]] intervertebrais. Cando o anel de [[cartilaxe]] fibroso (situado ao redor do núcleo pulposo) rompe, o núcleo pulposo derrámase, produciéndoseproducíndose unha [[hernia discal]].
 
== Notas ==