Río Mente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O río Mente é un río do nordeste da península ibérica, cunha extensión total de 57 km. Nace en Galicia a 1.281 m de altitude na Serra de Teixeiras, xira en sentido Norte-Sur ...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
O río Mente é un [[río]] do nordeste da península ibérica, cunha extensión total de 57 km. Nace en Galicia a 1.281 m de altitude na Serra de Teixeiras, xira en sentido Norte-Sur percorrendo 25 km en territorio español e alcanza o territorio portugués na aldea de [[A Veiga do Seixo]], onde o seu curso se atopa a 560 m de altitude, recorre 33 km en territorio portugués e termina afluindo no río Rabaçal, a 400 m de altitude.
 
Cando alcanza A Veiga do Seixo, fai fronteira entre [[España]] e [[Portugal]] durante algúns quilómetros. Morfolóxicamente é un rio que escavou un profundo val encaixado, no que o desnivel entre o leito e a montaña pode sobrepasar os 400 m. As súas marxes son maioritariamente rochosas, con algunhas planicies de aluvión. As ribeiras son abruptas, cunha enorme biodiversidade. As súas características concedéronlle o dereito de pertencer ó Parque Natural de [[Montesinho]] en Portugal e á Rede Natura 2000.