Humor gráfico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3397153
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''humor gráfico''' é un xeito de expresión que ten como elemento básico a [[imaxe]]. Ás veces aparece a imaxe só, pero tamén pode levar un pequeno [[texto]]. Compaxina habitualmente dúas finalidades: consegui-loconseguir o sorriso ou crear unha boa disposición de ánimo en quen o mira e a de satirizar persoas, comportamentos, situacións sociais...
 
O modelo máis habitual é o chiste gráfico, unha [[viñeta]] con imaxe e con ou sen texto; tamén poden aparecer varias viñetas seguidas que forman unha tira humorística.
 
A súa temática é moi variada e vai dende a simple [[caricatura]] que provoca o sorriso a reproducir ou recrarrecrear situacións e [[personaxe]]s da vida deportiva, política e cultural dun país co fin de satirizar.
 
En tódolos xornais hai un espazo reservado para o humor gráfico; foron precisamente estes os que favoreceron a grande popularidade que ten. Os xornais acostuman a ter algún humorista que ilustra determinadas noticias, mesmo as máis importantes; nalgúns casos inclúese na sección de Colaboracións co mesmo nivel ca unha columna de opinión.