Indutor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Indutores ideais e reais: {{Control de autoridades}}
m →‎Véxase tamén: Commonscat
Liña 14:
==Indutores ideais e reais==
Un "indutor ideal" ten indutancia, pero non [[Resistencia eléctrica|resistencia]] nin [[capacitancia]], e non disipa ou radia enerxía. Polo contrario, os indutores reais teñen resistencia (debido á resistencia do propio fío e ás perdas no propio núcleo do aparello), así como capacitancia (debida ó [[campo eléctrico]] entre as voltas do condutor, que teñen potenciais lixeiramente diferentes). A altas frecuencias, a capacitancia comeza a afectar ó comportamento do indutor: a determinada frecuencia, os indutores reais compórtanse como [[circuíto]]s [[resonancia|resoantes]], frecuencia chamada auto resoante. Antes de chegar á frecuencia resoante,a [[reactancia capacitiva]] convértese na parte dominante da [[impedancia]]. A enerxía é disipada pola resistencia do fío, e polas perdas debidas á [[histérese]] magnética no núcleo do indutor. A altas intensidades de corrente, o ferro do núcleo dos indutores tamén amosa un diferenza gradual do comportamento ideal debido á non [[circuíto linear|linearidade]] causada pola [[saturación magnética]]. A altas frecuencias, a resistencia e as perdas resistivas nos indutores medra debido ó [[efecto pel]] nos fíos de enrolamento do indutor. As perdas no núcleo tamén contribúen ás perdas do indutor a frecuencias maiores. Na práctica, os indutores traballan como [[Antena de radio|antenas]], radiando unha parte da enerxía ó espazo que os rodea e ós circuítos, captando emisións electromagnéticas doutros circuítos, ... é dicir, [[interferencia electromagneica|interferindo]]. Os as aplicacións dos indutores reais poden considerar os elementos [[parasitos eléctricos|parasitos]] como parte importante da indutancia.
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Electrónica]]