Furgoneta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse información e unha "Nota".
Liña 2:
 
Unha '''furgoneta''' é un pequeno [[vehículo]] [[automóbil]] de catro rodas, cuberto e máis pequeno ca un [[camión]]<ref>''Gran Dicionario Século XXI da Lingua Galega''. Ed. Galaxia. Ed. O Cumio. Vigo, 2005. ISBN 978-84-8289-341-6</ref>, para o transporte de mercancías<ref>{{DRAG|furgoneta}}</ref>. Ten na parte posterior unha zona de carga de formas ortogonais e con teito, ao contrario que unha ''[[pickup]]'', que a ten ao aire libre. Nalgúns casos, esta zona ten varias ringleiras de asentos, e noutras ocasións está baleira, para transportar obxectos grandes. Neste último caso, os vidros laterais poden ser substituídos por unha continuación da chapa.
 
O ''Regulamento Xeral de Vehículos'' de España determina que furgón ou furgoneta é o "automóbil con catro rodas ou máis, concibido e construído para o transporte de mercadorías, cuxa cabina está integrada no resto da carrozaría e cun máximo de nove prazas, incluída a do condutor"<ref>Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro, polo que se aproba o ''Regulamento Xeral de Vehículos''. Anexo II. Apartado A: "Definicións e categorías dos vehículos".
</ref>.
 
O portón traseiro é case sempre de dúas follas de apertura horizontal. Unha furgoneta adoita ser máis alta que un [[automóbil de turismo]] e que un [[monovolume]]. Con respecto a un monovolume, a posición dos asentos é máis ergueita e alta, e o morro máis curto. O motor é case sempre dianteiro e nalgúns casos está situado por baixo dos asentos dianteiros para diminuír a lonxitude total. Unha excepción son as furgonetas pequenas derivadas directamente de turismos do segmento B (e máis raramente do A ou do C).<span class="cx-segment" data-segmentid="34"></span>