Furgoneta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Furgoneta"
 
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadíronse "Notas".
Liña 1:
[[Ficheiro:Chevrolet-Express-Van.jpg|miniatura|200x200px|Unha furgoneta Chevrolet Express.]]
[[Ficheiro:Ford_transit_connect-sł.jpg|miniatura|200x200px|Ford Transit Connect vista desde atrás.]]
A '''furgoneta''' defínese no Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) como "pequeno vehículo automóbil para o transporte de mercancías"<ref>[http://www.academia.gal DRAG en liña]. ''Real Academia Galega''.</ref>. Esta imprecisa definición aparece máis caracterizada no Dicionario Século XXI da Lingua Galega, como "vehículo de catro rodas, cuberto, máis pequeno ca o camicamión, destinado ao transporte de mercadorías"<ref>''Gran Dicionario Século XXI da Lingua Galega''. Ed. Galaxia. Ed. O Cumio. Vigo, 2005. [ISBN: 84-8289-341-6]</ref>. En calquera caso, unha furgoneta ten sempre na parte posterior unha zona de carga de formas ortogonais e con teito, ao contrario que unha [[pickup]], que a ten ao aire libre. Nalgúns casos, esta zona ten varias ringleiras de asentos, e noutras ocasións está baleira, para transportar obxectos grandes. Neste último caso, os vidros laterais poden ser substituídos por unha continuación da chapa.
 
O portón traseiro é case sempre de dúas follas de apertura horizontal. Unha furgoneta adoita ser máis alta que un [[automóbil de turismo]] e que un monovolume. Con respecto a un monovolume, a posición dos asentos é máis ergueita e alta, e o morro máis curto. O motor é case sempre dianteiro e nalgúns casos está situado por baixo dos asentos dianteiros para diminuír a lonxitude total. Unha excepción son as furgonetas pequenas derivadas directamente de turismos do segmento B (e máis raramente do A ou do C.<span class="cx-segment" data-segmentid="34"></span>
 
 
<span class="cx-segment" data-segmentid="34"></span>
 
== Notas ==