Diferenzas entre revisións de «Mármore»

Fixed grammar
m (Arranxos varios using AWB)
(Fixed grammar)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
 
== Orixe ==
O mármore é unha [[rocha metamórfica]] resultante do [[metamorfismo]] de rochas [[carbonato|carbonatadas]] sedimentarias, como a [[calcaria]] e a [[dolomía]], ou tamén pode provir dun mármore máis antigo. Este proceso de metamorfose causa unha completa recristalización da rocha orixinal nun mosaico entrelazado de [[calcita]], [[aragonitoaragonita]] e [[cristal|cristais]] de [[dolomita]]. As temperatura e presión necesarias para formar mármore destrúen usualmente os [[fósil]]es e as texturas sedimentarias presentes na rocha orixinal.
 
O mármore branco puro é o resultado do metamorfismo de calcarias de gran pureza. Os característicos remuíños e veas dos mármores coloreados son debidos normalmente a diferentes impurezas minerais, como [[arxila]], [[limo]], [[area]], [[óxido de ferro]], ou [[rochas silíceas]] coma o [[xaspe]], o [[sílex]], o [[cuarzo]] ou [[ópalo]], e que están orixinalmente presentes como grans ou capas na pedra calcaria. A coloración verde é normalmente debida á [[serpentina]] resultando do alto contido orixinal de magnesio da calcaria ou a dolomita coas impurezas de sílice. Estas impurezas son mobilizadas e recristalizadas pola calor e as elevadas presións do metamorfismo.
1.721

edicións