Construción de nicho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
[[Ficheiro:BeaverDam 8409.jpg|miniatura|300px|dereita|Os [[castor]]es manteñen un nicho ecolóxico moi específico no ecosistema ao construíren presas nos sistemas fluviais.]]
A '''construción de nicho''' é o proceso mediante o cal un organismo altera o seu propio [[ambiente natural|ambiente]] (ou o doutras especies), xeralmente (pero non sempre) de maneira que incrementa as súas posibilidades de sobrevivir. Os cambios que o organismo produce no seu mundo que non teñen consecuencias evolutivas ou ecolóxicas non son exemplos de construción de nicho.<ref name=Odling-Smee2003>{{cite book |language = english|last1 = Odling Smee |first1= John | last2=Laland | first2= Kevin | last3=Feldman | first3= Marcus |title = Niche Construction: The Neglected Process in Evolution| place = Princeton| publisher = Princeton University Press | date= 2003}}</ref><ref name="Pocheville2010">{{cite book|title=La Niche Ecologique: Concepts, Modèles, Applications|publisher=Ecole Normale Supérieure|year=2010|pages=39–124|language=english|chapter=What Niche Construction is (not).|chapter-url=https://www.academia.edu/11538499/What_Niche_Construction_is_not|last1=Pocheville|first1=Arnaud|place=Paris}}</ref> Varios biólogos argumentaron que a construción de nicho é tan importante en [[evolución]] coma a [[selección natural]] (é dicir, non só o ambiente causa cambios nas especies por medio da selección, senón que tamén as especies causan cambios no seu ambiente por medio da construción de nicho).<ref name=Yeoman>{{cite journal|last=Yeoman|first=Carl J.|title=Towards an evolutionary model of animal-associated microbiomes|journal=Entropy|year=2011|pages=570–594}}</ref> Esta interacción crea unhas relacións de retroalimentación entre a selección natural e a construción de nicho: cando os organismos afectan ao seu medio ambiente, ese cambio pode causar unha mudanza na elección de que trazos serán seleccionados de forma natural.<ref>{{cite book|title=The Dialectical Biologist|last2=Lewontin|first2=Richard C.|date=1985|publisher=Harvard University Press|location=Cambridge, MA|last1=Levins|first1=Richard}}</ref> O efecto da construción de nicho é especialmente pronunciado en situacións nas que as alteracións do ambiente persisten durante varias xeracións, introducindo o papel evolutivo da [[herdanza ecolóxica]]. Tamén son posibles nun organismo comportamentos de construción de nicho menos drásticos. Esta teoría, en conxunción coa selección natural, mostra que os organismos herdan dous legados dos seus antepasados: os xenes e un ambiente modificado. Xuntos, estes dous mecanismos evolutivos determinan unha [[fitness (bioloxía)|fitness]] da poboación e as adaptacións que desenvolven eses organismos para continuar sobrevivindo.