Caldeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+cat
Sen resumo de edición
Liña 34:
 
=== Presión do fogar ===
[[Caldeira atmosférica]]: Estas caldeiras son de cámara aberta e tiro natural. Toman o aire necesario para a combustión do local onde está situada a caldeira e condúceno ao exterior a través dunha cheminea sen axuda mecánica. Utilízase só para combustibles gaseosos.
 
Caldeira co fogar en depresión: Este tipo de caldeiras funcionan pola depresión que se crea ao instalar un [[ventilador]] á saída que aspira os fumes (tiro forzado) para forzar o tiro da cheminea, evitando deste xeito que os fumes poidan entrar ao local onde está instalada a caldeira. A presión no fogar é inferior á atmosférica. Utilízase para combustibles sólidos e gaseosos.
 
Caldeira co fogar en sobrepresión: A presión no fogar é superior á atmosférica. Os gases son enviados ao interior do fogar por medio dun ventilador á entrada ou soplante (tiro forzado), que os obriga a circular máis rápido que nos outros tipos de caldeiras. Utilízase para combustibles gaseosos e líquidos.
 
=== Rendemento enerxético ===
[[Caldeira convencional]] (estándar): Son equipos de calefacción nos que a achega de calor utilízase para quentar un fluído, que xeralmente é auga, e que vai realizar un percorrido a través dun sistema de distribución para o quecemento da estancia ou vivenda. Estes equipos alcanzan rendementos do 90%. As caldeiras en xeral, clasifícanse en función do rendemento enerxético, de 1 a 4 estrelas, sendo a de 4 estrelas a máis eficiente. En comparación con caldeiras máis eficientes, operan a temperaturas moi elevadas que fai que o consumo de combustible sexa maior.
 
Caldeira de baixa temperatura: A caldeira de Baixa Temperatura funciona igual que unha caldeira convencional, só que opera a temperaturas menores, entre 35 ºC e 45 ºC, e regulan a temperatura en función da demanda enerxética. Estas caldeiras teñen rendementos máis altos que as convencionais, podendo chegar ao 95%. Recoméndanse radiadores con maior superficie de intercambio.
Liña 48:
 
=== Tipo de combustible ===
Caldeira de combustibles sólido ([[Biomasa]]): As caldeiras de combustibles sólidos utilizan como combustible leña e biomasa ou carbón para maiores potencias. Dispoñen dunhas grellas onde se efectúa a combustión, regulándose a intensidade da mesma actuando sobre a comporta de regulación do tiro da cheminea, que pode estar automatizada, e controlarse con axuda dun termostato. O aire necesario para a combustión chega desde a parte inferior por tiro natural ou forzado. Se se introduce insuficiente aire, non hai suficiente osíxeno para unha combustión completa. Demasiado aire arrefría o lume e ademais, escápase demasiada calor pola cheminea. Esta caldeira ten o inconveniente dos residuos que xeran en forma de cinzas e as dificultades que expón o control da combustión.
 
Caldeira de combustibles líquidos: As caldeiras de combustibles líquidos utilizan como combustible [[gasóleo C]] ou fuel-oil para maiores potencias.
 
As caldeiras de combustibles gaseosos utilizan como combustibles derivados do petróleo [[GLP]] (butano e propano) e gas natural. Os queimadores de combustibles gaseosos son máis sinxelos que os de gasóleo. Neste tipo de queimadores é importante controlar o caudal de saída do gas, que debe manterse entre uns valores mínimos, para evitar o retroceso da chama, e uns valores máximos, para evitar o desprendemento da chama.
 
=== Sistema de acumulación ===
[[Termoacumulador]] de gas: Utilízase como fonte de calor os gases de combustión que proveñen dun [[queimador]] de gas e que pasan a través do turbulador vertical en contacto coas paredes internas dun depósito de auga. O queimador de gas é activado por unha chama piloto e controlado polo sensor de temperatura da auga. No interior do depósito existe un ánodo de magnesio para evitar a corrosión.
 
Termoacumulador eléctrico:Está formado por un depósito con auga illada termicamente no que se introduce unha resistencia eléctrica controlada por un termostato que a conecta (quenta a auga) cando a temperatura da auga no interior descende do valor seleccionado.