Sequoia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unho (conversa | contribucións)
m Non é o maior bosque europeo, xa que no seguinte parágrafo fala de outro bosque en Cantabria con máis exemplares
Unho (conversa | contribucións)
m corrixo referencia a lugar
Liña 51:
O seu hábitat natural, que se encontra en sistemas montañosos bastante húmidos onde medran en grupos, resgardándose de fortes ventos e xeadas, encóntrase nunha estreita faixa do oeste de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] que abrangue desde a zona meridional de [[Oregon]] até a [[California]] central, e dáse tanto en zonas chás coma nas húmidas dos outeiros costeiros. Foi introducida en [[Europa]] en 1843 e hoxe en día é popular en parques europeos dado o seu alto valor ornamental.
 
En [[Galicia]] plantouse en xardíns urbanos e [[Pazo|palaciegos]]. Hai bos exemplares no [[Parque de Castrelos]] en [[Vigo]], na [[Carballeira de Santa Susana]] en [[Santiago de Compostela]], nos xardíns de [[Padrón]], en Beluso [[Beluso,_Bueu|Beluso (Bueu)]], ou no arboredo do [[Pazo de Lourizán]], en [[Marín]]. Por riba destas plantacións sobrancea o bosque de 500 sequoias vermellas de [[Poio]], en Aris preto do monte Castrove.<ref name="galego.lavozdegalicia.es"/>. Ademais existen varias plantacións experimentais, como a de Fontao en Foz, a carón do río Ouro.
 
En [[Cantabria]] existe un arboredo de sequoias, declarado [[monumento natural]] en 2003, "Monumento Natural de las Secuoyas del Monte Cabezón", con 848 pés de ''Sequoia sempervirens'' e 25 de [[piñeiro de Monterrei]] (''Pinus radiata''), plantados a finais dos anos 40.