Diferenzas entre revisións de «Backgammon»

→‎Regras: Amplío de es.wiki
(→‎O dado de apostas: Máis de es.wiki)
(→‎Regras: Amplío de es.wiki)
 
Os ''puntos'' están numerados do 1 ao 24, coas fichas sempre movéndose dos puntos coa numeración máis alta cara á máis baixa. Os dous xogadores moven as súas fichas en direccións opostas, dando como resultado que o punto 1 para un xogador é o punto 24 para o outro. Con todo, algúns xogos manteñen a numeración dos puntos desde a perspectiva dun xogador.
 
A numeración é a seguinte:
<pre>13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24
 
12 11 10 9 8 7 6 5 4 3 2 1
</pre>
Porén, algúns xogos manteñen a numeración dos puntos dende a perspectiva dun xogador.
 
Cada xogador comeza con dúas fichas no seu punto 24, tres fichas no seu punto 8, cinco fichas no seu punto 6 e outras cinco fichas no seu punto 13. As fichas dos xogadores son de distinta cor, un escuro e o outro claro.
 
[[Ficheiro:Backgammon DoublingCube.jpg|miniatura|150px|Dado compartido.]]
 
Cada xogador ten o seu propio par de dados e un dado compartido. Este dado é para o dobrado cos números 2, 4, 8, 16, 32 e 64, úsase para gardar o valor final do xogo.
 
=== Desenvolvemento da partida ===
O xogo comeza cunha tirada de dados para decidir quen inicia o xogo, que é o que obteña maior puntuación. Posteriormente, o xogador que ten o turno tira os dados e move as fichas segundo as seguintes regras:
* Se a puntuación dos dados é "A" e "B", o xogador pode mover unha ficha "A" posicións, e outra "B" posicións. Para mover unha pieza "A"+"B" posicións, a posición resultante de sumar "A" non pode estar bloqueada, é dicir, considéranse dous movementos individuais e aplícanse as demais regras a cada movemento.
* Non se pode mover unha ficha a una posición bloqueada, é dicir, onde se atopan dúas ou máis fichas contrarias. Se só existe unha ficha contraria, a ficha é "capturada" e colócase na barra vertical.
* O xogador contrario ao que se lle capturou unha ficha está obrigado a introducila de novo no taboleiro na primeira ocasión posible. A posición de entrada corresponde ao valor obtido nun dos dados e se non for posible (porque a posición de entrada estea bloqueada), perde o turno.
Polo tanto, en xeral, inténtase ter dúas ou máis fichas propias en cada posición, para evitar que sexan capturadas.
 
Unha vez que todas as fichas do xogador están no cuadrante inferior dereito, vanse liberando segundo as xogadas de dados permitan que as fichas "saian" do taboleiro, sen ser necesario sacar o número xusto e polo tanto pódese quitar unha peza que estea a unha posición do final con calquera tirada de dados.
 
O xogador que libera antes todas as súas pezas gaña a partida e obtén un punto. Se o contrario non liberou ningunha peza obtense un punto adicional ("gammon") e se o contrario aínda ten fichas no taboleiro do gañador obtense outro punto adicional ("backgammon").
 
=== Regras xerais dos torneos backgammon ===
40.105

edicións