Backgammon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Regras: Amplío de es.wiki
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎O dado de apostas: Máis de es.wiki
Liña 42:
==O dado de apostas==
O backgammon xógase por unha aposta acordada (ou un número de puntos nos xogos de torneo). Durante o transcurso do xogo, un xogador que cre ter a vantaxe suficiente pode propor duplicar as súas apostas. Só poderá facelo ao chegar a súa quenda e antes de tirar os dados. Un xogador ao que se ofreza dobrar, pode rexeitalo, pero, nese caso, dará por perdida a partida e pagará a aposta orixinal. A alternativa é aceptar o dobre e seguir xogando pola nova aposta máis alta. Un xogador que acepta un dobre convértese no propietario do dado e só el poderá realizar o seguinte dobre. Os dobres subseguintes nunha mesma partida chámanse redobres. Se un xogador rexeita un redobre, deberá pagar a aposta que estaba en xogo antes do redobre. Se non o rexeita, converterase no novo propietario do dado e o xogo continuará cunha aposta dobre á anterior. Os redobles poden aumentar a aposta orixinal ata en 64 veces.<ref name="play65">''play65.es'' [http://www.play65.es/Backgammon.html#BG_Lnk_7 "Reglas del backgammon."] A ultima ves que se acedeu a ela foi o [[2 de febreiro]] [[2008]].</ref>
 
== Variantes do backgammon ==
Hai moitas variantes das regras do backgammon normal. Algúns xóganse principalmente en determinadas rexións xeográficas e outros agregan tácticas novas elementais ao xogo:
* '''Hypergammon''': é unha variante do backgammon na que os dous xogadores só teñen 3 fichas no taboleiro, comezan cunha ficha no seu punto 24, 23 e 22 cada xogador.
* '''Nackgammon''': é unha variante inventada por Nick "Nack" Ballard coas mesmas regras que no backgammon normal agás na posición inicial, na que se comeza con dúas fichas nos puntos 1 e 2 de cada xogador, catro no punto 13, tres fichas no punto 8 e catro fichas no punto 6.
* '''Tapa''': variante macedonia do backgammon.
 
==Notas==