Abrir o menú principal

Cambios

O [[8 de xuño]] de [[1930]] celebrouse un partido no campo de [[Estadio de Chamartín|Chamartín]] entre a selección de Galiza e a selección do Centro. O partido convocouse para recadar fondos para as familias damnificadas polo naufraxio de catro pesqueiros de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]]<ref>{{cita web |título=Preparándose para el match benéfico Centro-Galicia. El back olímpico Pasarín ante el sensacional encuentro |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106739&presentacion=pagina&posicion=2 |obra=El Pueblo Gallego nº 1917 |data=23 de maio de 1930 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref><ref name="copavigo">{{cita web |título=Madrid abre su corazón sobre el infortunio de Bouzas |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1171295&presentacion=pagina&posicion=13 |obra=Vida Gallega nº 451 |data=10 de xuño de 1930 |páxina=13 |lingua=castelán }}</ref><ref name="copavigo2">{{cita web |título=El partido de hoy, en Chamartín, a beneficio de las familias de los náufragos de Bouzas. Selección gallega contra selección del Centro |url=http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0003263496&page=20&lang=es |obra=Crónica nº 30 |data=8 de xuño de 1930 |páxina=20 |lingua=castelán }}</ref><ref>{{cita web |título=Un temporal deja 42 marineros muertos en el naufragio de cuatro barcos de Bouzas |url=http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/02/03/0003_8269328.htm |obra=La Voz de Galicia |data=3 de febreiro de 2010 |lingua=castelán }}</ref>. A iniciativa partiu de [[Ramón Fernández Mato]]<ref>{{cita web |título=Por las viudas y los huérfanos de Bouzas |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106723&presentacion=pagina&posicion=2 |obra=El Pueblo Gallego nº 1.901 |data=4 de maio de 1930 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref>. Ademais, o [[Concello de Vigo]] custeou unha artística copa de prata chamada ''Copa Vigo'', deseñada por [[Federico Ribas]], que sería outorgada á selección gañadora<ref name="copavigo"/><ref name="copavigo2"/><ref>{{cita web |título=La Copa Vigo en juego |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106723&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=El Pueblo Gallego nº 1.901 |data=4 de maio de 1930 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref>. A aliñación galega foi Isidro, [[Jesús Jiménez|Jiménez]], Pasarín, [[Ramiro Paredes Ramos|Paredes]], [[José Vega|Vega]], [[Fernando Fariña|Fariña]], Reigosa, [[Santiago Losada Amor|Losada]], [[Eduardo González Valiño|Chacho]], Hilario e Polo. Formaron coa selección galega Jiménez e Hilario aínda que non eran nados en Galiza, e coa selección Centro xogadores como [[Eduardo Ordóñez Munguira|Ordóñez]], [[Evaristo San Miguel Cobián|San Miguel]], [[Ramón Triana Arroyo|Triana]], [[Rafael Morera López|Morera]] e [[Cosme Vázquez|Cosme]] aínda que non naceran nas provincias castelás que abranguía a súa federación. Comezou o partido marcando dous goles Losada e un gol Fariña, acabando o primeiro período con tres goles de vantaxe a favor dos galaicos. No descanso [[Manuel Rodríguez Pazó|Lilo]] subtituíu a Isidro na portaría. Na reanudación, os do Centro conseguen marcar por medio de Ordóñez e cando xa se achegaba o final do partido Hilario anota o cuarto gol galego, finalizando así o encontro cun 1-4 a favor da selección galega<ref>{{cita web |título=Deportes. La selección Galicia vence a la Centro por 4-1 |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=2&path=7126136&presentacion=pagina |obra=El Orzán nº 3.633 |data=10 de xuño de 1930 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref><ref>{{cita web |título=El partido benéfico de Madrid. Galicia bate magníficamente a Centro por cuatro tantos a uno |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=3&path=1000246364&presentacion=pagina |obra=La Correspondencia de Valencia nº 21.209 |data=9 de xuño de 1930 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref><ref>{{cita web |título=El fútbol interregional. Galicia-Centro |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=3&path=6022287&presentacion=pagina |obra=Diario de Alicante nº 5.875 |data=9 de xuño de 1930 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref>. Unha semana antes, Galiza derrotara o [[Sporting Clube de Portugal]] en [[Estadio Municipal de Balaídos|Balaídos]] por 4-2. No equipo galego xogaran Isidro, [[Rafael López Ventín|Cabezo]] (que foi substituído aos cinco minutos por Jiménez), Hermida, Paredes, Vega, Fariña, Reigosa, Losada, Polo, Hilario e [[Julio Rubio|Rubio]]. Tres goles foron marcados por Losada e o outro por Polo. Os goles lisboetas foron de [[João Correia|Correia]] e [[Rogério Correia de Sousa|Rogério]]<ref>{{cita web |título=La selección gallega bate al Sporting lisboeta por 4 a 2 |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106747&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=El Pueblo Gallego nº 1.926 |data=3 de xuño de 1930 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref>.
 
Durante estes anos, houbo tamén outros partidos de homenaxe onde tomaron parte combinados de xogadores galegos, coma o disputado o [[11 de agosto]] de [[1929]] en [[Campo de Riazor|Riazor]] para homenaxear a [[Luis Otero Sánchez|Luis Otero]], onde xogou o [[Deportivo da Coruña]] con [[Josep Samitier|Samitier]] (do [[Futbol Club Barcelona|F.C. Barcelona]]) e [[Cosme Vázquez|Cosme]] (do [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]]) fronte a unha selección galega formada por xogadores do [[Real Club Celta de Vigo|Celta de Vigo]], [[Racing Club de Ferrol|Racing de Ferrol]] e o defensa Calvo do [[Racing Club de Madrid]], empatando 0-0<ref>{{cita web |título=Deportes. La selección Celta-Racing empata con el Deportivo |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=2&path=7126499&presentacion=pagina |obra=El Orzán nº 3.447 |data=13 de agosto de 1929 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref><ref>{{cita web |título=El Homenaje a Luis Otero |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1005145&presentacion=pagina&posicion=5 |obra=Correo de Galicia nº 1.233 |data=8 de setembro de 1929 |páxina=5 |lingua=castelán }}</ref>, ou o disputado o [[7 de setembro]] de [[1930]] en homenaxe a [[Ramón Polo]], onde un combinado galego derrotou en [[Estadio Municipal de Balaídos|Balaídos]] o [[Athletic Club]] (campión de [[Primeira División Española|Liga]] e [[Copa do Rei de fútbol|Copa]] ese ano) por 5-4<ref>{{cita web |título=El combinado gallego batió por 5-4 al campeón de España |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106828&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=El Pueblo Gallego nº 2.007 |data=9 de setembro de 1930 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref><ref>{{cita web |título=De Sport. Los Campeones nacionales pierden por 5-4 |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1122492&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=Progreso: diario independiente nº 10.979 |data=9 de setembro de 1930 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref>. Outros partidos con combinados galegos foron un partido en homenaxe a [[Isidro (futbolista)|Isidro]] no que xogaron o [[Deportivo da Coruña]] e unha selección galega en Riazor o 23 de agosto de 1931 no que gañou o club herculino 3-1<ref>{{cita web |título=Información deportiva. El homenaje a Isidro |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=2&path=7127712&forma=&presentacion=pagina |obra=El Orzán nº 4.004 |data=25 de agosto de 1931 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref><ref>{{cita web |título=Información deportiva. El homenaje a Isidro |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=3&path=7127712&forma=&presentacion=pagina |obra=El Orzán nº 4.004 |data=25 de agosto de 1931 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref>, un encontro en homenaxe a [[Manuel Rivera Martorell|Manuel Rivera]] xogado no Inferniño o 22 de agosto de 1932 entre o [[Racing Club de Ferrol|Racing de Ferrol]] e unha selección galega con vitoria para o equipo departamental 3-2<ref>{{cita web |título=La vida deportiva. Homenaje a Rivera |url=http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?posicion=8&path=1000200641&presentacion=pagina |obra=La Libertad nº 3.877 |data=23 de agosto de 1932 |páxina=8 |lingua=castelán }}</ref> ou un partido entre a selección de Lisboa e un combinado de futbolistas do [[Celta de Vigo|Celta]] e o Deportivo que se xogou na capital lusitana o 29 de xuño de 1930 con vitoria para os lisboetas por 4-2<ref>{{cita web |título=El match de Lisboa. La selección lisboeta venció al combinado galaico |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106771&presentacion=pagina&posicion=2 |obra=El Pueblo Gallego nº 1.950 |data=1 de xullo de 1930 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref><ref>{{cita web |título=El match de Lisboa. La selección lisboeta venció al combinado galaico |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1106771&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=El Pueblo Gallego nº 1.950 |data=1 de xullo de 1930 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref>.
 
En [[1936]], o Comité Rexional Pro-Olimpíada Popular seleccionou un combinado galego para participar na [[Olimpíada popular]] de Barcelona<ref>{{cita web |título=La representación gallega para la Olimpiada Popular. Actuará el domingo en un festival en Balaídos |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108433&presentacion=pagina&posicion=2 |obra=El Pueblo Gallego nº 4.029 |data=10 de xullo de 1936 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref>, resposta internacional aos [[Xogos Olímpicos de 1936|Xogos de Berlín]]. O [[12 de xullo]], seis días antes do [[Alzamento Nacional|golpe de Estado]], xogou o combinado galego un encontro de adestramento en [[Estadio Municipal de Balaídos|Balaídos]]<ref>{{cita web |título=El domingo en Balaídos. Tuvo lugar la presentación de los seleccionados para la Olimpiada Popular |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108436&presentacion=pagina&posicion=2 |obra=El Pueblo Gallego nº 4.032 |data=14 de xullo de 1936 |páxina=2 |lingua=castelán }}</ref>. Segundo afirman certas fontes<ref>{{cita libro |autor=Afonso Eiré |ano=1998 |título=O futbol na sociedade galega |isbn=84-89976-51-1 |editorial=A Nosa Terra }}</ref>, moitos destes xogadores galegos ficarían na Cidade Condal, a maioría loitaría no bando republicano, e segundo algúns testemuños habería xogadores galegos deste equipo que disputarían encontros xunto a outros soldados durante a [[Guerra Civil española]] e [[Segunda Guerra Mundial]].
1.959

edicións