Construción de nicho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 122:
A construción de nicho ten moitas implicacións nas ciencias humanas, especialmente na [[sociobioloxía]], [[psicoloxía evolutiva]], e [[ecoloxía do comportamento humano]]. A teoría evolutiva estándar só permite que os procesos culturais afecten á evolución xenética ao influenciar o individuo, e depende da capacidade dese individuo de sobrevivir e trasmitir os seus xenes á seguinte xeración. Os procesos culturais vense simplemente como un aspecto do [[fenotipo]] e non se cre que sexan relevantes na evolución humana. A diversidade cultural crese que reflicte a variación nos ambientes nos que as diferentes poboacións evolucionaron ou viviron, e nada máis. Esta teoría pasa por alto o feito de que os humanos poden modificar os seus ambientes selectivos por medio da actividade cultural, creando así unha retroalimentación que afecta á selección.<ref name="Odling-Smee2003" /> "Os procesos culturais engaden un segundo sistema de herdanza do coñecemento ao proceso evolutivo por medio dos cales a información aprendida socialmente, se acumula, almacena e transmite entre individuos tanto na mesma coma entre distintas xeracións."<ref name="Odling-Smee2003" />
 
Coa adición da linguaxe á cultura humana produciuse un incremento da capacidade mental. Isto permitiu que a adaptación humana ao ambiente fose un proceso aprendido, a diferenza do que ocorre nas especies non humanas, cuxos procesos adaptativos son institntivos esencialmente. Isto tivo como resltado a aceleración de modificacións ambientais, de comportamento e xenéticas. O defensor da construción de nicho [[Derek Bickerton]] escribiu: "PoiamosPodiamos construír os nosos nichos sen ter que esperar interminables roldas de retroalimentación entre xenes e comportamento."<ref>{{cite book|last=Bickerton|first=Derek|title=Adam's Tongue|year=2009|publisher=Hill and Wang|location=New York, New York}}</ref>
 
Unha teoría de [[coevolución xene-cultura]] require unha relación máis integrada entre a evolución xenética e os procesos culturais que a teoría evolutiva estándar. Neste modelo, as actividadeds culturais crese que afectan ao proceso evolutivo ao modificaren as presións de selección. Noutras palabras, o cambio cultural ten a capacidade de codirixir a evolución xenética da poboación. Demostran esta teoría os modelos matemáticos e conceptuais incluíndo as investigacións de linguas, destreza da man (destro ou esquerdeiro), a emerxencia dos tabús do incesto, a coevolución da xoprdeira hereditaria e linguaxe de signos, e a [[selección sexual]] cunha preferencia de elección de parellas transmitida culturalmente. Porén, está teoría aínda depende da teoría evolutiva estándar porque require que os procesos culturais só afecten aos xenes, e non permite que ningún factor intermediario neste ambiente interaccione con estes procesos a un nivel evolutivo. Esta teoría existe nun sistema hereditario dual que consiste só en xenes e actividade cultural. "O sistema de herdanza dual é un xeito de incluír as interaccións entre natureza e a crianza nun sistema manexable."<ref name="Odling-Smee2003" /> Na maioría dos casos esta teoría funciona suavemente, pero hai casos nos que as actividades culturais crean cambios no ambiente abiótico que despois afectan ás presións de selección.<ref name="Odling-Smee2003" />