Londres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Fixed grammar
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Marcio (conversa | contribucións)
Fixed grammar
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 53:
{{Artigo principal|Londinium}}
 
A pesar das evidencias de pequenos asentamentos [[bretóns]] dispersos pola área, o primeiro asentamento maior na cidade de Londres data do ano [[43]] d. C., cando os [[Imperio Romano|romanos]], aproveitando a conquista da illa, fundaron o asentamento de ''[[Londinium]]'' na beira norte do [[río TámesisTámese]]. A antiga vila desenvolveuse preto da primeira [[ponte de Londres]] feita de madeira polos romanos e que lles permitía atravesar o río.
 
O primeiro asentamento de Londres durou preto de dezasete anos. Ao redor do ano [[61]] d. C., a tribo [[celtas|celta]] dos [[icenos]] dirixida pola raíña [[Boadicea]] asaltou o poboado, reducíndoo a cinzas. A seguinte reencarnación da cidade prosperou e substituíu a [[Colchester]] como a capital da provincia romana de [[Britania]] ao redor do ano [[100]] d. C. No cumio do seu apoxeo, no [[século II]], Londres tiña unha poboación de 60.000 habitantes. Porén, no [[século III]], a poboación da cidade comezou a minguar debido a que as tropas asentadas na cidade foran enviadas ao continente para atallar os problemas do [[Imperio Romano]]. Nos seguintes séculos o descenso da poboación foi continuado, ficando a cidade abandonada no [[século V]]<ref name="londononline.co.uk">[http://www.londononline.co.uk/factfile/historical/ "Historical Overview of London Population"], en ''London Online'' {{en}}.</ref>.