Construción de nicho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 69:
*'''[[Diatomeas]]''' da [[Baía de Fundy]], Canadá: Son outro exemplo de enxeñeiros de ecosistemas. As diatomeas [[bentos|bénticas]] que viven en sedimentos de estuario segregan exsudados de [[carbohidrato]]s que unen os grans de area e estabilizan o medio ambiente. As diatomeas causan un cambio físico nas propiedades da area que permite que outros organismos colonicen a zona. O concepto de enxeñaría de ecosistemas trouxonovas implicacións conceptuais na disciplina da [[bioloxía da conservación]].<ref name="Boogert06">{{Cite journal |doi = 10.1641/0006-3568(2006)56[570:TIONCA]2.0.CO;2 |last = Boogert |first = N. J. |last2 = Paterson |first2 =D. M. |last3 = Laland|first3 = K. N. |title = The Implications of Niche Construction and Ecosystem Engineering for Conservation Biology |journal = BioScience |volume = 56 |issue = 7 |pages=570–8 |year = 2006 |url = http://lalandlab.st-andrews.ac.uk/pdf/BoogertetalBioscience.pdf |format=PDF |issn = 0006-3568}}</ref>
*'''[[Piñeiro]]s e mato''': En certas zonas de Norteamérica os matos arbustivos (chamados alí ''chaparral'') e os piñeiros presentan un comportamento de construción de nicho en resposta aos efectos dos lumes forestais. Estas árbores e arbustos incrementan a frecuencia dos lumes ao afectar á composición do chan do bosque. Fano ao dispersar as follas dos piñeiros, piñas, sementes e aceites, que cobren literalmente todo o bosque. A flora está adaptada a estas condicións xa que foi seleccionada para a resistencia ao lume. O intercambio evolutivo (feito pola construción de nicho e a selección natural) permite que os piñeiros e o ''chaparral'' resistente ao lume aproveiten os cambios químicos que ocorren no solo despois de que a materia orgánica arde.<ref name="Smee 2009"/>
[[Ficheiro:Guppy pho 0048.jpg|miniatura|[[Guppy]]s silvestres machos e femias (''[[Poecilia reticulata]]'').]]
*'''[[Humano]]s''': Ver a sección de máis adiante.
* [[Guppy]]s: Os guppys son pequenos peixes. Estudouse a súa densidade poboacional nos ríos das montaña de [[Trinidade e Tobago]], onde existían dous tipos de poboacións: unhas sometidas a unha forte depredación por peixes piscívoros e outras sen esa presión. Os guppys das poboacións exposta á depredación son máis pequenos e poñen menos ovos, e ao contrario ocorre nas poboacións sen depredadores acadan maiores densidades de individuos. Os guppys sometidos a depredación forte producen excrementos con moito nitróxeno e fórforo, o que xera o crecemento dunha maior biomasa de algas. Isto afecta á dispoñibilidade dos recursos alimentarios, á competición intraespecífica e ás xeracións seguintes de guppys. Unha diminución das algas podería causar unha perda de [[carotenoide]]s, os cales son esenciais para os machos.<ref name="a">{{en}} Odling-Smee, John F., Laland, Kevin N., Feldman, Marcus W., Palkovacs, Eric P., Erwin, Douglas H. (2013) Niche construction theory: A practical guide for ecologists.''Quarterly Review of Biology'' 88(1): 4–28</ref>{{,}}<ref name="b">{{en}} Post, D.M., Palkovacs, E.P. (2009), [http://dx.doi.10.1098/rstb.2009.0012 ''Eco-evolutionary feedbacks in community and ecosystems ecology : interaction between the ecological theatre and the evolutionary play'']. ''Philosophical transaction of the Royal B society'', 364(1): 1629-1640.</ref>
 
 
== Clasificación ==