Construción de nicho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 123:
* A [[información xenética]] transmitida é seleccionada e inscrita no [[xenoma]], contrariamente ao ambiente o cal herdan as xeracións seguintes que sofren presións de seleccións modificadas con respecto ao ambiente orixinal. Estas presións de selección diferentes seleccionan diferenes xenes.<ref name="d"/>
* A [[reprodución sexual]] implica dous proxenitores que forman a herdanza xenética dos seus descendentes unha soa vez, mentres que a herdanza ecolóxica é transmitida polos múltiples organismos e ao longo de todas as súas vidas.<ref name="d"/>
 
=== Posición na teoría sintética da evolución ===
 
[[Ficheiro:Schema construction niche.pdf|miniatura|Arriba: representación da teoría sintética actual da evolución.<br />Abaixo: representación da teoría da evolución e da construción de nicho. Nos dous casos, ''E'' representa o ambiente.]]
 
O concepto de construción de nicho non está integrado na [[teoría sintética da evolución]]. Os defensores da súa integración consideran que a construción de nicho, e a herdanza ecolóxica, son en si mesmos procesos evolutivos.
 
A teoría sintética da evolución na súa forma actual aparece como un principio unidireccional. Os defensores dunha nova teoría evolutiva ven como algo sen sentido que só a herdanza xenética, que determina a selección natural baseada nas presións do ambiente, defina a totalidade do desenvolvementop e da evolución dos organismos. Coa formación dunha nova teoría máis inclusiva, serían recoñecidos os impactos da construción de nicho sobre o desenvolvemento dos organismos. Deste modo, a "resposta" dos organismos ao ambiente, é dicir, a modificación do medio, permitiría plenamente á herdanza ecolóxica xogar un papel evolutivo.<ref>{{Cita publicación periódica|autor1 = Lehmann, L.|título = The Adaptive Dynamics of Niche Constructing Traits in Spatially Subdivided Populations: Evolving Posthumous Extended Phenotypes.|revista = Evolution|numero = 62 (3)|ano = 2008|páxinas = 549-566}}</ref>. Porén, é importante ter presente que só a herdanza ecolóxica representaría un proceso evolutivo "recoñecido" se se mantén durante tempo dabondo como para modificar as presións de selección. Así, o desenvolvemento dun organismo sería guiado á vez pola xenética e pola regulación do ambiente pola construción de niche e unha certa [[plasticidade fenotípica]]. A herdanza ecolóxica "transmitiríase" entón ás xeracións seguintes igual que a bagaxe xenética do individuo.<ref name="a"/> <ref name="d"/>
 
Aínda que a construción de nicho se pode observar na natureza, o seu estatuto non foi elevado ao rango de teoría científica aceptada xeneralizadamente, e o debate en canto á súa aceptación como procesos evolutivos plenos e non parece que adquirise polo momento o seu lugar no seo da teoría sintética da evolución.<ref>{{en}} Nature, [http://www.nature.com/news/does-evolutionary-theory-need-a-rethink-1.16080 ''Does evolutionary theory need a rethink?''], consulté le 19 novembre 2014.</ref>
 
== Implicacións ==