Tratado dos Pireneos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
No sur, na fronteira catalá, concertouse a cesión a Francia do [[Rosellón]], o [[Conflent]], o [[Vallespir]] e unha parte da [[Cerdaña]], territorios todos eles situados na vertente setentrional dos [[Pireneos]] e que os soldados franceses ocuparan para apoiar aos sublevados cataláns. A fronteira con España fixarase dende entón seguindo os Pireneos, excepto o pequeno enclave de [[Llivia]].
 
O tratado tamén prevía a voda entre [[Luís XIV de Francia]] e [[María TeresaTareixa de Austria e Borbón|María Tareixa de España]], filla de [[Filipe IV de España]], cuxa dote se fixou en medio millón de escudos de ouro, a cambio de renunciar aos seus dereitos sucesorios ao trono de España. Pero esta compensación xamais chegou a pagarse, o que lle valeu de escusa a Luís XIV para anular o tratado e reiniciar as hostilidades, sendo un dos factores que levarán á [[Guerra de Sucesión Española]] no ano 1702.
 
A paz dos Pireneos completouse un ano despois co [[tratado de Llivia]] (1660) no que se acordou o paso de 33 pobos e lugares do val de [[Querol]] á soberanía francesa, quedando así baixo control español o enclave de Llivia. Deste xeito, fixouse dunha forma máis precisa a división da Cerdaña entre España e Francia.