Musca Borealis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m AMPERIO moveu a páxina "Vespa (constelación)" a "Musca Borealis"
Desfíxose a edición 3942165 de AMPERIO (conversa)
Liña 1:
[[Ficheiro:Bode musca tri.jpg|350px|miniatura|Localización da constelación de Musca Borealis.]]
{{Fusión|Musca Borealis}}
'''Vespa''' (''avespa'' en [[lingua latina|latín]]) foi o nome usado por [[Jakob Bartsch]] no [[1624]] para a [[constelación]], hoxe en día obsoleta, que se chamaba orixinalmente Apes (posiblemente un erro deletreando Apis, Latín para ''abella'') por parte [[Petrus Plancius]] cando a creou no [[1612]]. Estaba feita a partir dun pequeno grupo de estrelas, situadas entre as constelacións de [[Aries]] e [[Perseus]]. Foi renomeada por Bartsch posiblemente nunha tentativa de remata-la confusión con outra constelación, creada por Plancius no 1598, que foi chamada Apis por Bayer no 1603. Plancius chamoulle a esta nova constelación Muia (Grego para mosca) no 1612, e antes fora chamada co nome de Musca (Latín para mosca) por Blaeu no 1602, evidentemente Bayer descoñecía estes problemas co nome. Máis tarde a constelación seria chamada '''[[Musca Borealis]]''' para diferenciala da actual [[Musca]], tamén coñecida na antigüidade coma ''Musca Australis''.
 
'''Musca Borealis''', a Mosca Boreal, foi unha pequena e feble [[constelación]] situada entre [[Aries]], [[Triangulum]] e [[Perseus]]. Actualmente xa non forma parte das constelacións oficiais e as súas estrelas volveron á constelación de Aries. A súa estrela máis brillante era [[Bharani (estrela)|Bharani]] (41 Arietis), de [[magnitude aparente]] 3,61.
 
A historia e a orixe de Musca Borealis son confusos; o primeiro en introducila foi [[Petrus Plancius]] no [[1612]] baixo o nome de '''[[Apis (constelación)|Apis]]''', a abella. Máis tarde [[Jakob Bartsch]] cambioullo por '''Vespa''' (a avéspora) no seu atlas de 1624, nome que tamén lle foi dado nos seus comezos á actual [[Musca]], a cal atopase ó sur de [[Crux]]. O astrónomo [[Johannes Hevelius]] rebautizouna coma Musca no seu atlas de [[1690]], se ben despois engadiulle o termo Borealis para distinguila da ''Musca Australis''.
 
Musca Borealis foi rexeitada no [[século XVIII]] pola meirande parte dos astrónomos debido á confusión de nomes que orixinaba xunto con Musca (Australis), aínda que non por isto deixaron de aparecer [[asterismo]]s coas mesmas estrelas. Por exemplo, as mesmas estrelas foron utilizadas no [[1674]] polo francés [[Ignace-Gaston Pardies]] para formar '''Lilium''', a [[flor de lis]] de Francia, pero este asterismo nunca chegou a ser unha constelación.
 
== Véxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
* [[Apis (constelación)|Apis]]
* [[MuscaVespa Borealis(constelación)|Vespa]]
* [[MuscaLilium]]
 
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.pa.msu.edu/people/horvatin/Astronomy_Facts/obsolete_pages/vespamusca_borealis.htm {{en}}Musca Borealis. Obsolete constellations (Shane Horvatin)]
* [http://www.ianridpath.com/startales/muscaborealis.htm {{en}}Musca Borealis. Star Tales (Ian Ridpath)]
 
{{Constelacións Obsoletas}}
* http://www.pa.msu.edu/people/horvatin/Astronomy_Facts/obsolete_pages/vespa.htm {{en}}
* http://www.ianridpath.com/startales/muscaborealis.htm {{en}}
 
 
 
{{Constelacións Nomes Obsoletos}}
{{Control de autoridades}}