Taj Mahal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 100:
 
== Edificios secundarios ==
[[Ficheiro:Entrance_fortAgra 03-2016 05 Taj Mahal complex.jpg|miniatura|210px|dereita|''Darwaza'' de acceso ao Taj Mahal.]]
O complexo está limitado por tres lados por un muro en pedra vermella. Despois dos [[muro (construción)|muros]], existen varios mausoleos secundarios, incluíndo os das demais viúvas de Shah Jahan e do servente favorito de Mumtaz. Estes edificios, construídos principalmente con pedra vermella, son típicos dos edificios funerarios mogois da época.
 
Liña 107:
A entrada principal, a ''"darwaza"'', é un edificio monumental construído tamén en pedra vermella. O estilo recorda a [[arquitectura]] mogol e os primeiros [[emperador]]es. As súas arcadas repiten as formas do mausoleo, e incorporan a mesma caligrafía decorativa. Se utilizan decoracións [[flor]]ais en [[baixo-relevo]] e incrustacións. As paredes e os teitos abovedados presentan elaborados deseños xeométricos, similares aos que existen noutros edificios do complexo. Orixinalmente a entrada fechábase con dúas grandes portas de [[prata]], que se desmontaron e fundidas polos [[pobo jat|jats]] en [[1764]].
 
[[Ficheiro:TajMosqueAgra 03-2016 08 Taj Mahal complex.jpg|miniatura|210px|dereita|O ''masjid'', a mesquita.]]
No extremo do complexo érguense dous grandes edificios laterais ao mausoleo, paralelos aos muros este e oeste. Ambos son fieis ao reflexo un do outro. O edificio occidental é unha mesquita e o seu oposto é o <ref>''jawab'' significa «resposta»</ref>, cuxo sentido orixinal era balancear a [[composición]] arquitectónica e crese que se usou como hospedaría. As diferenzas consisten en que o ''jawab'' non ten minarete e os seus pisos presentan [[deseño]]s xeométricos, en canto os da mesquita están decorados cun deseño en mármore negro que marca a posición das [[tapizaría]]s para a oración de 569 fieis.