Galia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m Fócida > Focea as per RAG focense1
Liña 13:
 
== Galia e Francia ==
Os gregos focenses da rexión de [[FócidaFocea]] fundaron no sur destes territorios unha cidade chamada Massalia (actual [[Marsella]]). Desta época téñense os primeiros datos e informacións sobre a Galia e os galos. Os gregos chamaban ''keltoi'' en xeral ao que se coñece como celtas, pero nestas rexións utilizaban tamén o nome de ''Galatia'' e ''gálatas'' para designar a terra e os seus habitantes. Este termo de ''gálata'' refírese tanto aos habitantes europeos como aos que se estabeleceron máis tarde en Asia Menor, fundando a [[Galacia]]. Estes dous termos de ''Galia'' e ''galos'' continuáronse empregando despois da conquista de Xulio César para denominar as [[provincias romanas]] que se estendían por estes territorios. Ambos os termos aínda se usaron até o final da [[dinastía Merovinxia]], polo menos nos documentos da época. Máis tarde, e xa en plena época da [[dinastía Carolinxia]], o Reino dos francos, que comprendía boa parte de Europa (dos [[Pireneos]] ao [[mar do Norte]] e da [[Armórica]] até a [[Saxonia]], pasou a se denominar ''Francia'' na lingua oficial da época, o [[latín]]. Coa división do [[Imperio Carolinxio]] no [[Tratado de Verdún]] (843), a parte da Galia que recibe [[Carlos o Calvo]] denomínanse [[Francia Occidentalis]], sendo a [[Francia Orientalis]] boa parte das actuais [[Alemaña]] e [[Austria]]. Cando a Francia Orientalis pasou a se denominar ''Germania'' ([[Alemaña|Xermania]] ou [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Imperio Xermánico]]) no século X, a denominación de ''Francia'' reservouse para designar, en sentido amplo, o conxunto de ducados e condados da antiga parte occidental e, en sentido máis restrinxido, os feudos do rei franco na chaira de [[París]], aínda hoxe denominada ''chaira de Francia'' ou ''[[Illa de Francia]]'' (Île-de-France). O primeiro rei franco en ser coroado como Rei de Francia foi [[Filipe Augusto]], a finais do século XII.
 
== Os distintos pobos da Galia ==