Abrir o menú principal

Cambios

==Visión na cultura popular moderna==
{{Cadro de citas | cita = {{columnas|col1=''Come all you jolly sailors ''
''You all so stout and brave; ''
''Come hearken and I'll tell you ''
What happen'd on the wave.
''Oh! 'tis of that bloody Blackbeard ''
''I'm going now for to tell; ''
''And as how by gallant Maynard ''
''He soon was sent to hell.''|col2=Vinde todos, alegres mariñeiros,
tan fortes e bravos todos;
Vinde, atendede e contareivos
o que ocorreu nas ondas do mar.
Ai!, é do sanguinario Barbanegra
de quen vos vou contar;
e como o galante Maynard
ó inferno rápido foino enviar.}} | fonte= Atribuído a [[Benjamin Franklin]]<ref>{{cita publicación periódica|url=http://www.history.org/Foundation/journal/blackbea.cfm|título=When Blackbeard Scourged the Seas |nome=George Humphrey|apelidos=Yetter|revista=Colonial Williamsburg Journal|volume=15|número=1|data=1992|páxinas=22-28}}</ref> | largo= 33%}}
{{Cadro de citas | cita = Adoitamos pensar que os piratas son sanguinarios, que queren cortar en pedazos a alguén. [É máis probable que] un pirata, como calquera persoa normal, preferiría non matar a unha persoa, pero os piratas sabían que se esa persoa ofrecía resistencia e non facían nada ó respecto, a súa reputación e polo tanto o seu nome de marca veríanse afectados. Podes imaxinar que un pirata actuaría forzado desta maneira violenta como forma de protexer a súa reputación.| fonte= Peter Leeson (Tradución do orixinal)<ref name="Leeson">{{Cita web| apelidos= Matson | nome= John | título= What Would Blackbeard Do? Why Piracy Pays | url = http://www.scientificamerican.com/article.cfm?id=pirates-rational-choice&page=2 | páxina-web= Scientific American | data = 26 de novembro de 2008 | data-acceso= 20 de febreiro de 2010}}</ref> | largo= 33%}}
A postura oficial perante os piratas foi en ocasións bastante distinta á mantida polos autores contemporáneos, que adoitaban describilos como "desprezables canallas dos mares". Os corsarios que se convertían en piratas estaban polo xeral considerados unha forza naval de reserva por parte do goberno de [[Inglaterra]], chegando a recibir o seu respaldo en ocasións. No 1581 [[Francis Drake]] foi nomeado cabaleiro por [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]] cando retornou a Inglaterra dunha expedición ó redor do mundo cun botín dun valor estimado de 1 500 000 £.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=5}}</ref> Os perdóns reais emitíanse de forma regular, habitualmente cando Inglaterra estaba ó bordo dunha guerra, e a opinión pública sobre os piratas adoitaba ser favorable en xeral.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=168}}</ref> O economista [[Peter Leeson]] afirmou que na súa opinión os piratas eran homes de negocios astutos, lonxe da visión romántica moderna que os describe como tiranos asasinos.<ref name="Leeson"/>{{Cita web| apelidos= Matson | nome= John | título= What Would Blackbeard Do? Why Piracy Pays | url = http://www.scientificamerican.com/article.cfm?id=pirates-rational-choice&page=2 | páxina-web= Scientific American | data = 26 de novembro de 2008 | data-acceso= 20 de febreiro de 2010}}</ref> Trala chegada de Woodes Rogers en 1718 a [[Nova Providencia]] e o remate da [[República de Piratas]], a pirataría nas [[Indias Occidentais]] caeu nun declive terminal. Sen unha saída doadamente accesible para os bens roubados, os piratas víronse reducidos a un modo de vida de subsistencia, e tras case cen anos de guerra naval entre os británicos, franceses e españois, nos que os mariñeiros podían atopar traballo doadamente, os corsarios víronse superados en número polos meirandes navíos empregados polo [[Imperio Británico]] para defender a súa frota mercante. A popularidade do mercado de escravos axudou na fin da condición fronteiriza das Indias Occidentais, e nestas circunstancias a pirataría non conseguiu florecer como fixera anteriormente.<ref>{{Harvnb|Woodbury|1951|pp=201–208}}</ref>

Dende a fin da chamada "[[Era dourada da pirataría]]", Teach e as súas conquistas convertéronse en material de coñecemento popular, inspirando varios libros e filmes. Gran parte do que se coñece del atribúese ó libro ''[[A General Historie of the Robberies and Murders of the Most Notorious Pyrates]]'' de [[Capitán Charles Johnson|Charles Johnson]], publicado en [[Inglaterra]] no 1724.<ref>{{Harvnb|Woodard|2007|p=325}}</ref> Autoridade recoñecida sobre os piratas na súa época, as descricións de Johnson de figuras como [[Anne Bonny]] e [[Mary Read]] consideráronse durante anos lectura imprescindible para aqueles interesados na materia.<ref name="Leepp89"/> A súa lectura espertou o interese de moitos polo tema, polo que en pouco tempo publicouse unha segunda edición, aínda que autores como Angus Konstam sospeitan que a descrición de Johnson sobre Barbanegra estaba "adornada un pouco para facer unha historia máis sensacionalista".{{efn|Entre moitos dos feitos cuestionables mencionados por Johnson está o encontro entre Teach e o [[HMS Scarborough (1711)|HMS ''Scarborough'']].<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=90}}</ref> Nin na bitácora do ''Scarborough'' nin na correspondencia do seu capitán hai mencións de tal encontro. O historiador Colin Woodard cre que Johnson confundíu e misturou dous eventos reais: a batalla do ''Scarborough'' contra a banda de [[John Martel]] e o encontro de Barbanegra con outro navío de guerra, o [[HMS Seaford (1697)|HMS ''Seaford'']].<ref>{{Harvnb|Woodard|2007|pp=222–223}}</ref>|group=lower-alpha}} Porén, ''A General Historie'' considérase polo xeral unha fonte fiable.<ref name="Konstamp4">{{Harvnb|Konstam|2007|p=4}}</ref><ref name="Konstampp12">{{Harvnb|Konstam|2007|pp=1–2}}</ref> O nome "Johnson" podería ter sido un alias, e como os seus recontos foron corroborados en documentos persoais e oficiais da época, o autor Lee considera que fose quen fose, tiña algún tipo de acceso a correspondencia oficial.<ref name="Leepp89">{{Harvnb|Lee|1974|pp=8–9}}</ref> Konstam continúa esta especulación, suxerindo que Johnson podería ter sido o escritor inglés [[Charles Johnson]], o editor británico [[Charles Rivington]] ou o escritor [[Daniel Defoe]].<ref name="Konstampp12"/> Na súa obra de 1951 titulada ''The Great Days of Piracy'', o autor George Woodbury escribiu que Johnson era "obviamente un pseudónimo", indicando que "un non pode evitar sospeitar que puidera ter sido un pirata el mesmo".<ref>{{Harvnb|Woodbury|1951|p=198}}</ref>