Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 72:
Antes de navegar cara ó norte na súa última corveta cara o [[esteiro de Ocracoke]], Teach deixou náufragos a uns 25&nbsp;homes nunha pequena illa que se atopaba a unha legua da costa, probablemente coa intención de evitar calquera tipo de posible protesta por mor dos seus plans de obter o perdón real. Estes homes serían rescatados por Bonnet dous días despois.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=187}}</ref> Teach continuou en dirección a Bath, onde en xuño de 1718 el e máis a súa xa reducida tripulación recibiron o seu perdón de mans do gobernador Eden.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=52–53,&nbsp;56}}</ref>
 
Afincouse en Bath, no lado este de Bath Creek, preto do fogar do gobernador Eden. Durante os meses de xullo e agosto viaxou entre a súa base na cidade e a súa corveta ancorada no esteiro de Ocracoke. O reconto de Johnson afirma que casou coa filla do dono dunha plantación local, malia que non existe ningún rexistro escrito deste feito. Teach recibiu o permiso do gobernador Eden para navegar cara St Thomas e procurar unha comisión como corsario, recibindo tamén o título oficial da súa corveta, á que nomeou ''Adventure''. Para finais de agosto xa voltaraestaba áde volta na pirataría, e nese mesmo mes o gobernador de [[PennsylvaniaPensilvania]] emitíuemitiu unha orde de arresto cunha recompensa. Porén, naquel entón Teach estaba a operar na [[Baía de Delaware]], a unha certa distancia do lugar. Capturou dous navíos franceses que partían do Caribe, trasladando a tripulación dunha a outra e navegando o navío restante de volta a Ocracoke.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=198–202}}</ref> En setembro dese mesmo ano informou a Eden de que atopara o navío francés abandonado no mar. Tivo entón lugar un xuízo presidido por Tobias Knight e o recadador de aduanas, no que se declarou o navío como atopado en estado de abandono no mar. Da súa carga, Knight recibíurecibiu 20&nbsp;barrís de [[azucre]], mentres que Eden recibíurecibiu 60. Teach e a súa tripulación recibiron a mercancía restante atopada no compartimento de carga do barco.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=80}}</ref>
 
O esteiro de Ocracoke era o lugar preferido de Teach para permanecer ancorado. Era un punto de vantaxe axeitado dende o que podía divisar os barcos que viaxaban entre os varios asentamentos de [[Carolina do Norte]], e foi dende ese lugar onde Teach divisou por primeira vez o barco de [[Charles Vane]], outro pirata inglés. Varios meses antes Vane rexeitara o perdón real ofrecido por Woodes Rogers e escapara dos man-of-war que o capitán inglés levara consigo a [[Nassau, Bahamas|Nassau]]. Fora perseguido tamén polo anterior comandante de Teach, Benjamin Hornigold, que naquel entón era un cazador de piratas. Teach e Vane pasaron varias noites na punta sur da Illa Ocracoke, acompañados doutros piratas notables coma [[Israel Hands]], Robert Deal e [[Calico Jack]].<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=85,&nbsp;88–90}}</ref>