Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m - {{En uso}} + {{Ortografía}}
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 19:
'''Edward Teach''' ou '''Edward Thatch''', máis coñecido como '''Barbanegra''' ({{lang-en|Blackbeard}}), nado [[circa]] [[1680]] e finado o [[22 de novembro]] de [[1718]] en [[Ocracoke]], [[Carolina do Norte]], foi un [[pirata]] [[Inglaterra|inglés]] que navegaba nas [[Caribe (rexión)|Indias Occidentais]] e na costa leste das [[trece Colonias]]. Aínda que non se sabe moito da súa infancia, probablemente naceu en [[Bristol]], [[Inglaterra]]. Puido ter sido un mariñeiro en navíos [[corsario]]s durante a guerra da [[Ana de Gran Bretaña|Raíña Ana]] antes de estabelecerse na illa de [[Nova Providencia]], nas [[Bahamas]], lugar onde reuniu unha tripulación por volta de [[1716]]. O capitán [[Benjamin Hornigold]] colocouno ao mando dunha [[corveta]] capturada, participando xuntos en numerosos actos de pirataría. As súas actuacións foron impulsadas coa incorporación á frota de dous barcos máis, un dos cales era comandado por [[Stede Bonnet]], mais a finais de [[1717]] Horningold retirouse da pirataría levando dous dos navíos con el.
Teach capturou un buque mercante [[Francia|francés]] e deulle o nome de ''[[Queen Anne's Revenge]]'' (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''Vinganza da Raíña Ana''), e equipouno con corenta canóns. O seu alcume derivaba da súa espesa barba negra e a súa aparencia, hai mesmo referencias a que acendía mechas no cabelo, debaixo do seu chapeu, para asustar os seus inimigos. Formou unha alianza de piratas e bloqueou o porto de [[Charleston, Carolina do Sur|Charleston]]. Após unha extorsión dos seus habitantes, encallou o ''Queen Anne's Revenge'' nun banco de area preto de [[Beaufort, Carolina do Norte|Beaufort]]. PartíuPartiu en compañía de Bonnet, estabelecéndose na cidade de [[Bath, Carolina do Norte|Bath]], onde recibiu o perdón da [[Familia real británica|Coroa Británica]]. Con todo, logo volveu ao mar e atraeu a atención do gobernador de [[Virxinia]], [[Alexander Spotswood]]. Spotswood organizou un grupo de soldados e mariñeiros para tentar capturar o pirata, o que conseguiron o [[22 de novembro]] de [[1718]]. Durante a batalla Teach e varios membros da súa tripulación faleceron a mans dunha pequena forza de mariñeiros liderados polo tenente [[Robert Maynard]].
 
Considerado un líder astuto e calculador, Teach rexeitaba o uso da forza, confiando na súa aterradora imaxe para provocar a resposta que desexaba. Contrariamente ao clixé moderno do tradicional pirata tiránico, Barbanegra comandaba os seus barcos co beneplácito da súa tripulación, e non hai ningún rexistro coñecido de que tivese prexudicado ou asasinado nunca os seus prisioneiros. Foi idealizado trala súa morte e converteuse en fonte de inspiración para varias obras de ficción de temática pirata en diversos xéneros.
Liña 86:
Malia isto Spotswood conseguíu información de Howard sobre o paradeiro de Teach,<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=105}}</ref> e fixo plans para enviar as súas forzas cruzando a fronteira ata Carolina do Norte para capturalo.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=106}}</ref> Conseguiu o apoio de Edward Moseley e do Coronel Maurice Moore para desacreditar ó gobernador de Carolina do Norte, e escribiu unha carta ós [[Comité de Comercio|Lores do Comercio]] na que suxería que a Coroa sairía beneficiada coa captura de Teach. Spotswood financiou persoalmente a operación e ordenou que os Capitáns Gordon e Brand do HMS ''Pearl'' e do HMS ''Lyme'' viaxasen ata Bath. O tenente Robert Maynard do HMS ''Pearl'' recibíu o mando de dúas corvetas requisadas para que se achegasen ata a cidade dende o mar.{{refn|O HMS ''Pearl'' e o HMS ''Lyme'' tiñan demasiado calado e non podían navigar polas augas pouco profundas do esteiro de Ocracoke.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=241}}</ref>|group=lower-alpha}} Como incentivo a Asemblea de Virxinia ofreceu unha recompensa pola captura de Teach, maior que a ofrecida pola Coroa.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=108–110}}</ref>
 
Maynard tomou o mando das dúas corvetas armadas o 17 de novembro, con 57 homes ó seu cargo, 33 do HMS ''Pearl'' e 24 do HMS ''Lyme''. Maynard e o destacamento do HMS ''Pearl'' tomaron o maior dos dous navíos e nomeárono ''Jane'', mentres que o resto tomou o ''Ranger'', comandado por un dos oficiais de Maynard, Mister Hyde. Partiron dende [[Kecoughtan, Virxinia|Kecoughtan]] o 17 de novembro, navigando polo [[Río James]].<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=242–244}}</ref> As dúas corvetas movíanse lentamente, para darlle tempo as tropas de Brand de chegar a Bath. Brand partíupartiu cara Carolina do Norte seis días despois, chegando a unha distancia duns 4-5 km de Bath o 23 de noevembro. Entre eles estaban tamén o Coronel Moore e o Capitán Jeremiah Vail, enviados para evitar calquera obxeción local pola presenza de soldados foráneos na colonia. Moore entrou na cidade para procurar se Teach se atopaba alí, informando de volta que non era tal, pero que se esperaba que chegara "a cada minuto". Brand foi entón ata a casa do gobernador e informoulle do seu propósito. Ó día seguinte Brand enviou dúas canoas polo [[Río Pamlico]] ata o Esteiro de Ocracoke, na procura de sinais de Teach, que retornaron dous días despois con información sobre o seu paradeiro.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=111–112}}</ref>
 
===Última batalla===