Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 31:
Coa súa historia de colonialismo, comercio e pirataría, as [[Indias Occidentais]] foron escenario de moitos incidentes marítimos durante os [[século XVII|séculos XVII]] e [[século XVIII|XVIII]]. A comezos do século XVIII o corsario [[Henry Jennings]] e os seus seguidores decidiron utilizar a illa inhabitada de [[Nova Providencia]] como base das súas operacións. Esta illa estaba a pouca distancia do [[Estreito de Florida]] e as súas augas eran moi transitadas augas por multitude de barcos europeos que atravesaban o [[Océano Atlántico|Atlántico]]. O porto de Nova Providencia podía aloxar centenares de navíos, e ademais era o suficientemente pouco profundo para impedir navegar aos grandes buques da [[Armada Real Británica]]. Ademais nesa época a illa non era aínda o destino turístico no que se tornaría máis adiante. O autor George Woodbury describiuna como "non cidade de fogares, era un lugar de permanencia temporal e de descanso para unha poboación literalmente flotante", afirmando que "os únicos moradores permanentes eran piratas que acampaban, comerciantes e parasitos, e o resto só pasaban polo lugar."<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Woodbury|1951|pp=71–72}}</ref> En Nova Providencia os piratas eran benvidos, e a lei e a orde "eran descoñecidos".<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|pp=9–11}}</ref>
 
[[Ficheiro:Blackbeard the Pirate.jpg|miniatura|esquerda|200px|Barbanegra, ilustración de [[Benjamin Cole]] da segunda edición de ''General Historie''<ref name="Johnson 1724 70"/>]]
Teach foi un dos piratas que sacou proveito dos beneficios da illa. Trala sinatura do [[Tratado de Utrecht]] chegou á illa desde [[Xamaica]], e xunto da maioría dos [[corsario]]s involucrados na guerra, comezou a involucrarse na pirataría. Ao redor do ano 1716 uniuse á tripulación do capitán [[Benjamin Hornigold]], un pirata de renome que operaba dende as augas seguras de Nova Providencia. En 1716, Hornigold asignoulle a Teach o mando dunha [[corveta]] que capturara.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Lee|1974|pp=11–12}}</ref> A comezos de 1717 Hornigold e Teach, cada un ao mando dunha corveta, partiron para o continente. Capturaron un barco que transportaba cento vinte barrís de [[fariña]] chegados da [[A Habana|Habana]] e, pouco tempo despois, tomaron unha corveta con cen barrís de viño procedentes das [[Bermudas]]. Poucos días despois, pararon un veleiro procedente de [[Illa de Madeira|Madeira]] con destino a [[Charleston, Carolina do Sur|Charleston]], [[Carolina do Sur]]. O [[29 de setembro]] preto de [[Cape Charles]], [[Virxinia]] saquearon do navío ''Betty'' a súa carga de [[viño de Madeira]], deixando que o navío se afundise coa carga restante.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=68–69}}</ref>