Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 66:
O autor Robert Lee supuxo que Teach e Hands encallaran os navíos intencionadamente alí para reducir a cantidade de tripulantes, aumentando a súa parte dos espólios. Durante o xuízo da tripulación de Bonnet, o contramestre do ''Revenge'', Ignatius Pell declarou que "o navío [de Teach] foi deixado en terra e se perdeu, Thatch causou o feito".<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Cobbett|Howell|Howell|1816|p=1249}}</ref> Lee considera plausíbel que Teach informase a Bonnet sobre o plan de aceptar o perdón do gobernador Eden. Barbanegra suxeriu que Bonnet fixese o mesmo, e como a guerra entre a [[Guerra da Cuádrupla Alianza|Cuádrupla Alianza]] e [[España]] estaba comezando, podería entón considerar unha comisión como corsario de Inglaterra. Lee suxire tamén que Teach ofreceu a Bonnet a devolución do seu navío ''Revenge''.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=51–52}}</ref> Konstam propón unha idea semellante, explicando que Teach comezou a ver o ''Queen Anne's Revenge'' como unha especie de carga. O feito dunha frota pirata ancorada fixo que a noticia se estendese polas as cidades veciñas e as colonias, e calquera embarcación nas proximidades podería atrasar a partida. Para Teach foi polo tanto prudente non permanecer por moito tempo, a pesar que se considera que destruír o navío foi unha medida un tanto extrema.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Konstam|2007|pp=150,&nbsp;167}}</ref>
 
=== Esteiro de Ocracoke e Perdón Real===
[[Ficheiro:Ocracoke inlet north carolina 1775.jpg|dereita|miniatura|300px|Mapa da zona do [[Esteiro de Ocracoke]] en 1775<ref>{{Cita web|url=http://ncrec.dcr.state.nc.us/Cat/CatServer.ASP?WCI=MainEP&WCE=ViewMap&WCU=3.3.1.1.258;i|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20070701002625/http://ncrec.dcr.state.nc.us/cat/catserver.asp?WCI=MainEP&WCE=ViewMap&WCU=3.3.1.1.258;i|data-arquivo=1 de xullo de 2007|data-acceso=26 de maio de 2016|urlmorta=si|autor=Henry Mouzon et. al.|título=An Accurate Map of North and South Carolina With Their Indian Frontiers}}</ref>]]
Antes de navegar cara ó norte na súa última corveta cara o [[esteiro de Ocracoke]], Teach deixou náufragos a uns 25&nbsp;homes nunha pequena illa que se atopaba a unha legua da costa, probablemente coa intención de evitar calquera tipo de posible protesta por mor dos seus plans de obter o perdón real. Estes homes serían rescatados por Bonnet dous días despois.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=187}}</ref> Teach continuou en dirección a Bath, onde en xuño de 1718 el e máis a súa xa reducida tripulación recibiron o seu perdón de mans do gobernador Eden.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=52–53,&nbsp;56}}</ref>