Barbanegra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 85:
 
===Última batalla===
{{Cadro de citas | cita=''Malditos Viláns, quen sodes? E de onde vides?'' O tenente respondeulle, ''Podes ver polas nosas cores que non somos piratas. Barba-Negra'' demandou que enviase a barca a bordo, para ver quen era: pero o Sr. ''Maynard'' respondeulle; ''Non podo deixar a miña barca, pero abordareino tan cedo como poida, coa miña corveta.'' Tras isto, ''Barba-Negra'' colleu un vaso de licor e brindou por el con estas verbas: ''Que unha maldición caia sobre a miña alma se lle dou cuartel, ou tomo cuartel de vostede''. En resposta o Sr. ''Maynard'' díxolle, ''Non espero cuartel de vostede, e non lle darei ningún''. | fonte=Suposto intercambio entre Teach and Maynard segundo [[Capitán Charles Johnson|Johnson]]<br/>(Tradución e adptación do orixinal)<ref>{{Harvnb|Johnson|1724|p=82}}</ref>{{efn|Non existe outro reconto deste intercambio, polo que este texto de Johnson está considerado por algúns autores coma un aderezo literario.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=251}}</ref>|group=lower alpha}} | largo = 35%}}
Maynard atopou ós piratas ancorados na cara interior da Illa [[Ocracoke, Carolina do Norte|Ocracoke]] a noite do 21 de novembro.<ref>{{Harvnb|Woodard|2007|pp=289–290}}</ref> Sabía da súa posición grazas a varios navíos que detivo durante a súa viaxe, pero non estaba familiarizado coas canles e bancos locais, polo que decidiu agardar ata a mañá seguinte para comezar o ataque. Parou todo o tráfico entrante no esteiro, previndo así calquera tipo de alerta da súa presenza, e apostou vixías en cada unha das corvetas para asegurar que Teach non puidese escapar por mar.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=113}}</ref> Do outro lado da illa Teach etaba ocupado cos seus invitados e non tiña postos de vixía. A súa tripulación era tamén reducida, xa que Israel Hands estaba en Bath cuns 24 dos mariñeiros do ''Adventure''. Segundo [[Capitán Charles Johnson|Johnson]] o pirata "non tiña máis de vinte e cinco homes a bordo" e "dicíalle a tódolos navíos cos que falaba que tiña corenta".<ref>{{Harvnb|Johnson|1724|p=81}}</ref> "Trece brancos e seis Negros" foi o numero que Brand reportou posteriormente ó Almirantazgo.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=210}}</ref>
 
Ó amencer as dúas corvetas entraron na canle, precedidas dunha pequena embarcación facendo sondaxes de profuncidade. O ''Adventure'' divisou as embarcacións e disparou en canto estiveron dentro do alcance dos seus canóns. A pequena barca retirouse rápidamente ata o ''Jane'', pero os diparos alcanzaron ó ''Adventure'', cortando a cadea da áncora. A tripulación do ''Adventure'' levantou as velas e manobrou para apuntar os canóns de estribor cara as corvetas de Maynard, que se estaban achegando cada vez máis.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=246–248}}</ref> Hyde levou ó ''Ranger'' ata o lado de babor do ''Jane'' e ámbolos dous navíos despregaron a [[Union Jack]]. O ''Adventure'' xirou cara a praia da Illa Ocracoke, en dirección a unha canle estreita.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=115–117}}</ref> O que sucedeu a continuación non se coñece con certeza. Segundo Johnson tivo lugar un intercambio de disparos entre as tripulacións e o ''Adventure'' encallou nun banco de area, mentres que Maynard botou a áncora e baleirou o seu barco para poder atravesar o obstáculo. Outra versión do suceso indica que o ''Jane'' e o ''Ranger'' embarrancaron, aínda que Maynard non deixou constancia disto na súa bitácora.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=252}}</ref>
 
{{Cadro de citas | cita=''Malditos Viláns, quen sodes? E de onde vides?'' O tenente respondeulle, ''Podes ver polas nosas cores que non somos piratas. Barba-Negra'' demandou que enviase a barca a bordo, para ver quen era: pero o Sr. ''Maynard'' respondeulle; ''Non podo deixar a miña barca, pero abordareino tan cedo como poida, coa miña corveta.'' Tras isto, ''Barba-Negra'' colleu un vaso de licor e brindou por el con estas verbas: ''Que unha maldición caia sobre a miña alma se lle dou cuartel, ou tomo cuartel de vostede''. En resposta o Sr. ''Maynard'' díxolle, ''Non espero cuartel de vostede, e non lle darei ningún''. | fonte=Suposto intercambio entre Teach and Maynard segundo [[Capitán Charles Johnson|Johnson]]<br/>(Tradución e adptación do orixinal)<ref>{{Harvnb|Johnson|1724|p=82}}</ref>{{efn|Non existe outro reconto deste intercambio, polo que este texto de Johnson está considerado por algúns autores coma un aderezo literario.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=251}}</ref>|group=lower alpha}} | largo = 35%}}
 
O que si se coñece é que o ''Adventure'' apuntou os seus canóns cara as dúas embarcacións e disparou unha salva, causando que Maynard perdese un terzo das súas forzas. Uns vinte homes no ''Jane'' e outros nove no ''Ranger'' resultaron feridos ou mortos. Hyde faleceu, e o seu segundo e terceiro oficial estaban tamén mortos ou feridos de gravidade. A súa corveta resultou tan danada que non puido continuar participando no ataque.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=118}}</ref> Os informes contemporáneos do suceso volven a ser confusos neste punto, pero crese que un intercambio de disparos con [[arma de fogo|armas lixeiras]] dende o ''Jane'' puido rachar unha das velas do ''Adventure'', provocando que a tripulación perdese o control do navío e que este encallase nun banco de area. Tras este ataque de Teach o ''Jane'' e o ''Ranger'' puideron ter embarrancado tamén, polo que a batalla pasou a ser unha carreira para ver quen conseguía reflotar antes o seu barco.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=253}}</ref>
 
[[Ficheiro:Capture-of-Blackbeard.jpg|miniatura|esquerda|300px|''Capture of the Pirate, Blackbeard, 1718'', de [[Jean Leon Gerome Ferris]]]]
O tenente mantiña moitos dos seus homes baixo cuberta anticipando unha abordaxe, e ordenoulles que se preparasen para o combate corpo a corpo. Teach conseguíu reducir a distancia entre os navíos e ordenoulle a súa tripulación que se preparase. Os barcos fixeron contacto cando os ganchos do ''Adventure'' alcanzaron o obxectivo, e lanzaron varias [[granada]]s cara a cuberta da corveta, feitas con botellas cheas de [[pólvora]] e balas prendidas cunha mecha. En canto desapareceu o fume destas, Teach e os seus homes abordaron o barco, As the smoke cleared, Teach led his men aboard, animados ó ver que o barco de Maynard estaba case baleiro, e disparando cara o tenente e un pequeno grupo de homes que estaban apostados na popa.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=119–120}}</ref>