Cornes, Conxo, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
== Historia ==
A orixe do nome ''Cornes'' podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira a antiga aldea de Cornes, que queda por baixo do camiño e que conserva a súa traza medieval, encarada á solaina do sul. O antigo do lugar de Cornes aínda pervive, nunha área reurbanizadaurbanizada sucesivamente dende mediadosinicios do [[século XX]]. Pero enEn Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28),. Un pouco máis arriba, na antiga Casa da Parra, na actual praza de Vigo, naceu Rosalía de Castro, que lle adicou os poemas "Aos lirios de Cornes" e "Ao lavadeiro de Cornes".
 
Cornes - [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] foi a primeira liña de [[ferrocarril|camiño de ferro]] de Galicia. Ao redor da estación levantáronse almacéns de [[aceite]], [[viño]], [[carbón]], froita, sal, madeira, cemento etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente [[mármore|marmoristas]], carpinteiros e tallistas. Había tamén unha [[canteira]] de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira.