Metal Gear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Intricar.
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Os Metal Gear son uns tanques bípedes coa capacidade de lanzaren [[Arma nuclear|armas nucleares]] desde calquera punto do planeta. Son indetectables para calquera radar, e posúen outras armas menos poderosas pero máis útiles no campo de batalla como: ametralladoras, láseres, bombas e foguetes, pero con modificacións que as fan máis mortais. Esta saga caracterízase polas súas longas escenas [[cine]]matográficas, as súas intricadas tramas, e a súa infinidade de detalles ao longo de todo o xogo que interactúan co xogador. Profundízase na exploración da política natural, a guerra, censuras, enxeñería xenética, intelixencia artificial, lealdade e sempre baseándose na realidade dunha forma divertida.
 
O ''[[Metal Gear (videoxogo)|Metal Gear]]'' orixinal debutou no ordenador [[MSX#MSX 2|MSX2]] en [[1987]] en [[Xapón]] e [[Europa]]. Este foi un dos primeiros xogos no que a infiltración e o sixilo foron enfatizados sobre a confrontación directa co inimigo. Moitos dos aspectos da saga, como a comunicación inarámicasen fíos, xa estaban presentes noutros [[videoxogo]]s. O xogo foi despois posto á venda en [[América do Norte]], Europa e Xapón, nesta ocasión, para a consola [[Nintendo Entertainment System|NES]], vendendo unha cantidade superior ao millón de unidades.
 
A secuela, ''[[Metal Gear 2: Solid Snake]]'', foi lanzada en [[1990]] para o [[Nintendo Entertainment System|NES]], soamente en Xapón. ''Metal Gear 2'' fixo moitas variacións e adicións ao xogo, incluíndo unha historia máis desenvolvida, xunto a significativas melloras á xogabilidade e á [[intelixencia artificial]]. Moitas destas características e argumentos, foron promovidos á secuela, ''[[Metal Gear Solid]]''. Aínda que ''Metal Gear 2'', como tal, non saíu á venda en [[Europa]] e [[América do Norte]] ata 15 anos despois, cando foi incluído en ''[[Metal Gear Solid 3: Subsistence]]''.