Grecia antiga: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 168:
Para facer fronte ao inminente perigo persa, boa parte dos estados gregos xunguíronse na [[Liga de Corinto]], baixo a dirección de Esparta. Un exército da Liga, 4000 homes baixo o mando do rei espartano [[Leónidas I]] esperou aos persas no [[Batalla das Termópilas|paso das Termópilas]] e detivo o inimigo o tempo necesario para que se organizasen as forzas gregas. Foi vencido por unha traizón. Cando a mariña tivo novas disto, levou as súas unidades ao [[golfo Sarónico]] para defender Atenas. Xerxes avanzou sen dificultades cara Atenas e a súa poboación evacuou a cidade mentres a frota se concentraba preto da [[illa de Salamina]], situada ao rente do istmo, fronte ao [[Pireo]] e [[Eleusis]]. Un total de 400 naves persas déranlle a volta a Eubea e dirixíronse ao golfo. Por iniciativa de Temístocles, aliñáronse 300 trirremes na embocadura do estreito. Ao atacar as naves persas foron atraídas ao interior do estreito e foron presa fácil para as áxiles trirremes gregas. Os gregos asolagaron a frota persa e obrigaron a Xerxes a cambiar os seus planos de conquista. En efecto, ordenou o seu xenro Mardonio que continuase a conquista e o resto da frota mandouna cara o Helesponto. Temístocles aconsellou perseguir aos persas, cortarlles a retirada e inflixirlles unha derrota que lles quitase os pulos de futuras invasións europeas. Pero non se lle escoitou, e relegóuselle do mando, chamando de novo a Arístides.
Co fin de liberar os gregos de Asia Menor aproveitando a debilidade dos persas, nese intre unha armada partiu ao mando de [[Xantipo]]. Mentres tanto, a forza que ficara ao mando de Mardonio, de novo foi cara a Atenas, que de novo foi evacuada. Mardonio saqueou a cidade e queimouna, pero tivo que saír dela rapidamente diante da proximidade do [[exército espartano]], baixo o mando de [[Pausanias (xeneral)|Pausanias]]. que xunguiu as súas forzas coas do resto das cidades gregas, até reunir 30.000 [[hoplita]]s e presentou batalla aos persas na chaira de [[Platea]], derrotando de novo aos persas. Mardonio morreu no encontro e os gregos capturaron un cuantioso botín.
Mentres tanto, a frota enfrontouse coa persa no cabo de [[Micala]], fronte a illa de [[Illa de Samos|Samos]]. De novo venceron os gregos, nunha batalla naval e terrestre ao mesmo tempo, xa que os persas vararan os seus barcos e fixéranse fortes na costa. Con esta batalla, xunguíronse á Liga Samos, [[Quíos]] e [[Lesbos]] e outras illas, pero en terra a situación non variou. A frota dedicouse a limpar o Mar Exeo dos restos da armada persa, liberou Chipre e dirixiuse ao Helesponto, onde conquistou [[Bizancio]] e asegurou deste xeito a fluidez das rotas de Grecia co [[mar Negro]] (o Ponto)
|