Orde de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eoax (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 14:
Afonso VIII cedeulle [[Uclés]] en [[1174]] á orde, sendo desde aquela a súa casa principal, de onde a designación usada nos primeiros tempos para a Orde como ''Orde de Uclés''. Máis adiante, en [[1211]], [[Moya]] e [[Mira, Cuenca|Mira]], ás que se unirían posteriormente [[Osa]], [[Campo de Criptana]], [[Pedro Muñoz]], [[Montiel]] e [[Alhambra]]. Os cabaleiros de Santiago participaron na reconquista das comarcas de [[Teruel]] e [[Castelló]] e combateron na [[batalla das Navas de Tolosa]] en [[1212]]. Os monarcas castelán-leoneses concedéronlles privilexios que permitiron á orde repoboar extensas rexións da [[Andalucía]] e [[Murcia]]. Durante o [[século XV]], a orde trasladou o seu radio de acción a [[Serra Morena]] e tomou como lugar habitual de residencia dos seus mestres a poboación de [[Llerena]] ([[provincia de Badaxoz|Badaxoz]]), proporcionando un alto crecemento tanto nesta poboación coma nos arredores.
 
A partir do século XIV as fortalezas das Ordes sufriron unha irreversible deterioración debido ao pouco uso que tiñan e á pouca atención debido a que deixaron de ser núcleos de poder, ademais que a entrada de armas de fogo fixo deles un operativo desfasado. En 1352 o concello de [[Murcia]] denunciaba ante o rei pola situación de ruína no que se atopaban os castelos santiaguistas de Caravaca e Cehegín. A finais do XV a orde de Santiago fixérase co control en [[Castela]] de máis de 20.000 km² nos que habitaban uns 200.000 vasalos, e esta potencia señorial xustificaba que en 1312 Don Juan Manuel fixese ver ao rei Xaime II de Aragón que se obtiña para un dos seus fillos a maestríamestría santiaguista faríase cunha das chaves -a outra era o arcebispado de [[Toledo]]- que lle permitirían controlar o reino castelán.
 
Co pasar do tempo e o fin da [[Reconquista]] a Orde de Santiago viuse implicada nas loitas internas de Castela. Ao mesmo tempo, debido aos seus innúmeros bens, tivo que, por varias veces, sustentar as pretensións da Coroa. Por outro lado, sendo o cargo de Gran-mestre de tamaña importancia, eran frecuentes as loitas entre grandes familias para alcanzar esa dignidade. Ata tal punto desacreditaran á orde estes escándalos, que á morte do Gran-mestre [[Alonso de Cárdenas]] en [[1493]], os [[Reis Católicos]] pediron á [[Santa Sé]] que providenciase unha forma de acabar cos problemas na administración da orde, reservando para si mesmos o mestrado da orde. Así, por unha bula de [[1493]], o papa concedeu aquela dignidade aos Reis Católicos, medida que era ao mesmo tempo unha recompensa polos servizos prestados polos reis de Castela e Aragón ao servizo da fe [[catolicismo|católica]], pois en [[1492]] fora conquistada [[Reino de Granada|Granada]], último reduto [[musulmán]] da [[Península Ibérica]].