Garri Kasparov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Portal|Rusia}}
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
É tamén coñecido como "O ogro de Bakú". Os seus pais foron Kim Moiseyevich Wainshtein e Clara Shagenovna Kasparova, de orixe xudía e armenia. Á morte do seu pai adoptou o apelido materno. Os seus logros no xadrez a temperá idade fixérono acredor a unha invitación a estudar baixo a tutela de [[Mikhail Botvinnik]], tres veces campión mundial ([[1948]]-[[1957]], [[1958]]-[[1960]] e [[1961]]-[[1963]]) e nese tempo considerado como o xogador máis grande da URSS. Kasparov sempre recoñeceu osas seussúas dúas maiores influencias na súa carreira de xadrez: [[Alexander Alekhine]] e Mikhail Botvinnik, dous antigos campións mundiais rusos. ''"O futuro do Xadrez está nas mans deste mozo"'', profetizou Botvinnik, cando Garry tiña só 11 anos de idade.
 
Kasparov gañou o Campionato Xuvenil da URSS aos 13 anos. Aos 17 anos, calificou como [[Gran Mestre Internacional]] e dous anos máis tarde converteuse no segundo xogador máis grande do mundo. Aos 21, Kasparov enfrontou ao lendario xogador soviético [[Anatoli Karpov]] polo seu primeiro título Mundial. Ambos os xogadores xogaron brillantemente pero logo de 6 meses e 48 xogos, o enfrontamento terminou sen definición. O presidente da Federación Internacional de Xadrez, [[Florencio Campomanes]], cancelou a contenda sen coroar a un gañador. O encontro renovouse ao ano seguinte, e Kasparov venceu a [[Anatoli Karpov|Karpov]] para gañar así o seu primeiro Campionato Mundial da [[FIDE]].