Pablo Picasso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 50:
Regresou a Barcelona en xuño de 1898, doente de [[escarlatina]] e trasladouse a [[Horta de Sant Joan]], a vila do seu amigo [[Manuel Pallarés i Grau]], co cal monta o seu primeiro estudo de pintura. Nesta estadía, Picasso comeza un certo retorno á natureza, máis en consonancia co ideario modernista, cousa que constituíu un dos primeiros episodios "primitivistas" da súa carreira.<ref name="Fermigier Horta1">Fermigier, 1969:14-15</ref>
 
Abandonada a idea de Madrid e a copia dos grandes mestres, en febreiro de 1899 estaba de volta en [[Barcelona]],<ref name="Picassobio-1899-01">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1899 |título = Biografia, 1899 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> onde era adoito da taberna [[Els Quatre Gats]], símbolo do movemento modernista e onde expuxo debuxos por primeira vez. Aquí entra en contacto con outros artistas com [[Carles Casagemas]], [[Jaume Sabartés]] e [[Ramon Casas]].<ref>[http://www.bnc.es/fons/detall.php?id=32 Text a una felicitació d'any nou de 1903]</ref> Neste ambiente, Picasso entrou en contacto co pensamento [[anarquista]] implantado en Barcelona. A miseria dos barrios baixos de Barcelona, os soldados doentes e feridos que volvían a España despois da desastrosa [[Guerra de Independencia cubana]], crearon un ambiente propicio para a violencia social que sen dúbida marcou, a un nivel individual e moral a sensibilidade de Picasso e que es pode apreciar en certos debuxos realizados entre 1897 e 1901: ''O presioneiroprisioneiro'', ''Un mítin anarquista''.<ref name="Fermigier bcn anarquista">Fermigier, 1969:17-21</ref><ref name="PicassoArtwork-1901">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1901 |título = Obra, 1901 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> Nesta mesma época, expón tamén por vez primeira na histórica [[Sala Parés]] da rúa Petritxol.
 
Entre os anos [[1901]] e [[1904]] alternou a súa residencia entre as cidades de [[Madrid]], [[Barcelona]] e [[París]], mentres a súa pintura entrou na etapa denominada período azul, fortemente influída polo [[simbolismo]].