Pablo Picasso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da ca.wiki
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
Con 8 anos fixo a súa primeira obra. Nesta época, asinaba as súas obras como '''Ruiz Blasco'''. Pasou unha tempada de 1891 a 1895 na [[A Coruña|Coruña]] a onde se trasladou coa súa familia. O seu pai fora contratado como mestre de arte no [[IES Eusebio da Guarda|Eusebio da Guarda]] e Picasso matricúlase na Escola Provincial de Belas Artes, onde tivo como mestre o distingido pintor e militar [[Román Navarro García de Vinuesa]] (185-1928). Na [[rúa Real (A Coruña)|rúa Real]] da Coruña fixo a súa primeira exposición con 13 anos e publicou caricaturas e debuxos nas revistas autoeditadas a man "La Coruña", "Azul y Blanco" ou "Torre de Hércules"<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/10/30/0003_201110H30C8991.htm A Coruña que vivió y pintó Picasso]. [[La Voz de Galicia]] {{es}}.</ref><ref>[http://elpais.com/diario/1983/11/10/cultura/437266802_850215.html En La Coruña conservan los primeros recuerdos escolares y pictóricos de Picasso]. [[El País]] {{es}}.</ref> Catro anos despois marchan a [[Barcelona]], onde Picasso aproba os exames de ingreso na [[Escola de la Llotja]] saltando os cursos iniciais. Durante o inverno de 1895, realizou o seu primeiro gran lenzo académico, ''A Primeira Comuñón'',<ref name="PicassoArtwork-1895">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1895 |título = Obra, 1895 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> en Barcelona, cidade onde residía.<ref name="Picassobio-1896" >{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1896&Quarter=1 |título = Biografia, 1896 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref>
 
En 1897, presentou o lenzo ''[[Ciencia e Caridade]]'' na Exposición Nacional de Belas Artes de [[Madrid]].<ref name="PicassoArtwork-1897">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1897 |título = Obra, 1897 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> Durante o verán, pasou as vacacións en Málaga, onde pintou paisaxes e corridas de toros.<ref name="Picassobio-1897">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1897 |título = Biografia, 1897 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref>
[[Ficheiro:15-10-27-Els Quatre Gats-RalfR-WMA 2729.jpg|miniatura|151px|esquerda|Entrada no café [[Els Quatre Gats]].]]
En setembro, marchou a Madrid para comezar estudos na [[Academia de San Fernando]]<ref name="Picassobio-1897"/> pero axiña abandona: a atmosfera intelectual da capital, bastante impermeable co [[modernismo catalán]] que Picasso intentaba introducir, non acababa de convencelo. Foi neste período cando crea a efémera revista ''Arte Joven'', unha das raras coleccións completas que se atopa na [[Biblioteca de Catalunya]].<ref>[http://www.bnc.es/fons/detall.php?id=42 Fitxa del catàleg de la Biblioteca Nacional de Catalunya]</ref> Porén, aproveitou as súas adoitas visitas ó [[Museo do Prado]] para coñecer mellor a obra de [[El Greco]], que era louvada por artistas e estudosos de finais do [[século XIX]].<ref name="Fermigier bcnMadrid">Fermigier, 1969:12-13</ref>
 
Dende 1898, asinou as seves obras como "Pablo Ruiz Picasso", máis tarde como "Pablo R. Picasso", e só como "Picasso" dende 1901. Este troco non significaba un rexeitamento da figura paterna, senón que se debía a un desexo de distinción de Picasso como personaxe, un feito iniciado polos seus colegas cataláns, que tomaron por costume chamalo polo apelido materno moito menos corrente que o "Ruiz" paterno.<ref name="Fermigier apellido">Fermigier, 1969:9</ref>
[[Ficheiro:Isidre Nonell 1897 - Un captaire a París.jpg|miniatura|191px|''Un esmolante en París'', 1897, de [[Isidre Nonell]].]]
 
Regresou a Barcelona en xuño de 1898, doente de [[escarlatina]] e trasladouse a [[Horta de Sant Joan]], a vila do seu amigo [[Manuel Pallarés i Grau]], co cal monta o seu primeiro estudo de pintura. Nesta estadía, Picasso comeza un certo retorno á natureza, máis en consonancia co ideario modernista, cousa que constituíu un dos primeiros episodios "primitivistas" da súa carreira.<ref name="Fermigier Horta1">Fermigier, 1969:14-15</ref>
 
Abandonada a idea de Madrid e a copia dos grandes mestres, en febreiro de 1899 estaba de volta en [[Barcelona]],<ref name="Picassobio-1899-01">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1899 |título = Biografia, 1899 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> onde era adoito da taberna [[Els Quatre Gats]], símbolo do movemento modernista e onde expuxo debuxos por primeira vez. Aquí entra en contacto con outros artistas com [[Carles Casagemas]], [[Jaume Sabartés]] e [[Ramon Casas]].<ref>[http://www.bnc.es/fons/detall.php?id=32 Text a una felicitació d'any nou de 1903]</ref> Neste ambiente, Picasso entrou en contacto co pensamento [[anarquista]] implantado en Barcelona. A miseria dos barrios baixos de Barcelona, os soldados doentes e feridos que volvían a España despois da desastrosa [[Guerra de Independencia cubana]], crearon un ambiente propicio para a violencia social que sen dúbida marcou, a un nivel individual e moral a sensibilidade de Picasso e que es pode apreciar en certos debuxos realizados entre 1897 e 1901: ''O presioneiro'', ''Un mítin anarquista''.<ref name="Fermigier bcn anarquista">Fermigier, 1969:17-21</ref><ref name="PicassoArtwork-1901">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1901 |título = Obra, 1901 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés}}</ref> Nesta mesma época, expón tamén por vez primeira na histórica [[Sala Parés]] da rúa Petritxol.
 
Entre os anos [[1901]] e [[1904]] alternou a súa residencia entre as cidades de [[Madrid]], [[Barcelona]] e [[París]], mentres a súa pintura entrou na etapa denominada período azul, fortemente influída polo [[simbolismo]].