Pablo Picasso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
'''Pablo Ruiz Picasso''',<ref>[http://www.enciclopedia.cat/fitxa_v2.jsp?NDCHEC=0050796 Pablo Ruiz Picasso], Gran Enciclopèdia Catalana.</ref> nado en [[Málaga]] o [[25 de outubro]] de [[1881]] e morto en [[Mougins]], [[Francia]], o [[8 de abril]] de [[1973]], foi un [[Pintura|pintor]] [[España|español]] máis coñecido polo nome artístico de '''Pablo Picasso''', xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do [[século XX]], coñecido sobre todo porque fundou o [[cubismo]] xunto con [[Georges Braque]]. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a [[cerámica]], a [[escultura]] con [[bronce]], o ''[[collage]]'', e mesmo fixo [[poesía]]. Creou máis de 20&nbsp;000 obras ó longo da súa vida.
 
Picasso comezou o seu percorrido estilístico cunha fugazcurta experiencia co [[modernismo]] despois do contacto coa natureza que tivo na súa estadía en [[Horta de Sant Joan]] e a amizade cos artistas cataláns de [[Quatre Gats]]. Coas súas primeiras visitas a [[París]], a partir de 1900, comezou a desenvolver un estilo propio, primeiro no "período azul", que se caracteriza por obras feitas en tonalidades azuis, frías e personaxes alongados con expresións tráxicas, influído por [[Vincent van Gogh|Van Gogh]] e [[Paul Gauguin]], que reflectían unha tendencia [[nihilismo|nihilista]]; continuou cun xiro cara a un certo optimismo manifestado por un cambio a cores cálidas e coñecido como "período rosa", nun intre no que Picasso estaba permanentemente instalado en París e no que entrou en contacto con escritores achegados ó [[surrealismo]]. Deste período, son as obras de saltimbanquis, pallasos ou acróbatas de contido máis lixeiro e alegre.
 
A partir de 1908, influenciado polo traballo de Cezanne e pola imaxe en movemento das primeiras filmografías, desenvolveu obras que acadaron quebrar co canon de representación definido no [[Renacemento]]. Apollinaire foi quen chamou ''[[cubismo]]'' o traballo que conxuntamente investigaban Picasso e [[Georges Braque]]. Con obras tan destacadas como ''[[Les demoiselles d'Avignon]]'', Picasso achegou unha nova interpretación da realidade a partir dunha fragmentación da estrutura do obxecto que o levou a experimentar co ''[[collage]]''. Despois dunha incursión polo surrealismo con esculturas de fíos e láminas de metal e pinturas de formas distorsionadas e evocacións mitolóxicas, iniciou a época expresionista claramente influído pola [[Guerra Civil Española]] primeiro e pola [[Segunda Guerra Mundial|II Guerra mundial]] máis tarde. Obras coma o ''[[Guernica (cadro)|Guernica]]'' ou ''Mulleres chorando'' reficten o seu sentimento de aflición pola traxedia da guerra. As súas esculturas son, neste período, claramente [[arte abstracta|abstractas]].